4º ESO

Charla dun militar

Os alumnos de 4º da ESO recibiron o pasado mércores unha charla do Brigada do Exército do Aire, Carlos Rodríguez Cabada.

Se queredes ver como se desenvolveu a mesma visitade o blogue da ESO.

Viaxe fin de estudos 4º ESO

Os nosos alumnos viaxeiros seguen a desfrutar da maravillosa Praga, de día... e de noite!!!

Podedes ver máis fotos na nosa galería premendo na imaxe que vos deixamos a continuación.

 

Viaxe fin de estudos 4º ESO

Os nosos alumnos alumnos continúan a desfrutar da primavera checa paseando polas rúas de Praga. 

 

Onte ademáis acodiron a ver ballet ao Teatro Nacional de Praga, edificio maxestuoso que poderedes ver nas fotos que vamos colgando na nosa galería.

Para acceder a esas e outras fotos desta viaxe non tendes máis que premer sobre a foto que vos deixamos a continuación e que demostra o ben que o están pasando.

 

 

Que o pasedes xenial!!!

Graduación 4º ESO

O pasado 18 de xuño celebramos a graduación dos alumnos de 4º da ESO.

Foi un acto moi emotivo no que todos recordamos moitos momentos do seu paso polo centro.

Agardamos que teñan moita sorte na nova etapa que comezan!

 

 

Para ver máis fotos deste acto podedes visitar o blogue de secundaria. 

Rally Científico en Toulouse

Sete alumnos de 4º de ESO acompañados do profesor de ciencias viaxaron ata a cidade francesa de Toulouse para participar na fase final do Rally Científico. Agradecer ao Concello, Deputación e Anpa a súa axuda. Desexarlles moita sorte e que desfruten desta experiencia.

 

 

Visita de 4º de ESO ao IES Gregorio Fernández e ao IES Xograr Afonso Gómez

Os alumnos de 4º de ESO visitaron os institutos Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez para coñecer as instalacións destes centros educativos de cara a continuación dos seus estudos. Nestes centros recibiron información sobre as características dos estudos de bacharelato e ciclos formativos referentes a materias das diferentes modalidades, selectividade, inserción laboral e tamén características propias deste ciclo.

 

 

Graduación alumnos de 4º de ESO

FESTA DE GRADUACIÓN DOS ALUMNOS DE  DE ESO!   

   O día dezaoito pola tarde, tivo
lugar no colexio a despedida dos alumnos de 4º de ESO coa asistencia das súas
familias, relixiosas,
 profesorado e Pas, así como dunha representación da ANPA.

    Comezouse a festa cunha
Eucaristía na Igrexa do Rosario, para continuar cun acto académico nas
instalacións do centro.

   En primeiro lugar, o director
dirixiuse aos alumnos cunha emotiva alocución, ao tempo que lles desexaba
moitos éxitos  na súa nova etapa.

   A continuación, dúas alumnas en
representación do grupo amosaron o seu agradecemento polo recibido nestes trece
anos.

   De seguido, proxectouse unha
"PowerPoint" recollendo as imaxes máis representativas da súa
escolaridade.

   Continuouse coa imposición das "Becas" e
a entrega duns significativos agasallos do centro e da ANPA.

   Despois da foto de grupo, pasouse a compartir unha
merenda no comedor escolar.

   Moita sorte na vosa nova andaina! 

 

 

Premio escolar Once

CONCURSO ESCOLAR ONCE

 

Tres  alumnas de 4º de ESO foron as gañadoras da fase provincial do Concurso Escolar da ONCE 2013 co seu traballo feito con plastilina e animado por ordenador.  A seguinte fase á que concorren é a fase autonómica que se resolverá a finais de abril.

As gañadoras son: Noelia Benito Fernández, Alba Fernández Díaz, Tania Rodríguez López.

NORABOA!!!! 

 

Foto extraída do diario El Progreso

Premendo aquí podedes acceder á nova publicada no diario El Progreso.

Distribuir contido