CANDEAS
Queridos amigos:
Comunicámosvos, que con motivo do "Día das Candeas", o vindeiro martes 2 de febreriro, ás 10:00h., teremos con vós e os vosos fillos unha oración na Parroquia do Rosario, na que vos convidamos a presentalos ao Señor, como fixeron María e Xosé co Neno Xesús no Templo de Xerusalén.
Podedes levar directamente aos vosos fillos á Igrexa.
Cada neno/a pode traer unha flor, como símbolo de vida.
Contamos coa vosa presenza e a dos irmáns máis pequenos.
Esta invitación tamén se fai extensible ás persoas que coñezades e que teñan nenos pequenos.
Un saúdo.