Os alumnos de 1º e 2º da ESO farán unha visita cultural a Sotavento o día 30 de outubro.
Entre os obxectivos da mesma salientamos:
Observar distintas formas de obter enerxía.
Coñecer e comprender as fontes de enerxía renovables e non renovables
Analizar o funcionamento dun parque eólico
Coñecer o aproveitamento da enerxía solar: térmica e fotovoltaica
Valorar as repercusións das actividades humanas sobre a naturaleza
Tomar conciencia da necesidade dun consumo enerxético responsable.
Visita a páxina web de Sotavento