Os alumnos de 1º e 2º de ESO e os seus profesores realizaron unha viaxe cultural á Coruña para coñecer as instalacións de Begano Coca-Cola, o Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía e o Castelo de San Antón.
Acadáronse os obxectivos e contribuíuse a fomentar o interese pola industria, a ciencia e a tecnoloxía e a arqueoloxía e historia de Galicia.
Saliéntase o bo comportamento dos alumnos ao longo da xornada.




