Queridos amigos:
Comunicámosvos, que con motivo do “Día das Candeas”,o vindeiro luns 2 de febreiro ás 10: 15 h, teremos cos nenos de Educación Infantil, unha oración na Parroquia do Rosario, na que vos convidamos a presentalos ao Señor, como o fixeron María e Xosé co Neno Xesús no Templo de Xerusalén.
Podedes levar directamente aos vosos fillos á Igrexa. Cada neno/a pode traer unha flor, como símbolo de vida. Neste encontro, as familias acompañarán aos seus fillos na entrega do símbolo, no altar. Contamos coa vosa presenza e a dos irmáns máis pequenos.
Esta invitación tamén se fai extensible ás persoas que coñezades e que teñan nenos pequenos.
Un
saúdo.
AS
TITORAS