SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO

OS ALUMNOS DE 1º E 2º DE ESO VIAXAN A SANTIAGO
Os alumnos de 1º e 2º de ESO, acompañados dos seus profesores realizaron unha viaxe cultural a Santiago.
Alí coñeceron as instalacións da TVG, os seus platós e mantiveron un encontro moi agradable con José Ramón Gayoso, que estivo moi atento con todo o grupo.
        A continuación, visitaron o Parlamento de Galicia, as súas salas, a biblioteca, participaron en actividades propostas polo coordinador da visita, foron recibidos polo parlamentario Ángel Camino, que departiu amablemente con todos os alumnos, e por último, dirixíronse ao  salón de sesións.
Despois de xantar, houbo tempo para recibir unha lección de arte, arredor da catedral e para  actividades lingüísticas. Os alumnos, en grupos de tres ou catro, tiñan que facer unha entrevista a peregrinos ingleses e franceses e retratarse con eles. 
Resultou unha saída moi enriquecedora!