Extraescolares

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NENOOS


Os vindeiros luns, 30 de xaneiro e mércores, 1 de febreiro chega ao noso cole a NENOOS WEEK, unhas xornadas de portas abertas da actividade extraescolar NENOOS.


A estas xornadas están convidadas a asistir as familias do alumnado inscrito así como todas aquelas que queirades coñecer como se levan a cabo as clases de dita actividade. 


Anímadevos a experimentar unha clase NENOOS! 

Equipo de fútbol benxamín

O equipo de fútbol benxamín da Asunción xa comezou a liga escolar!!!

Desexámoslles moita sorte e sobre todo que desfruten moito xogando!!! 

 

 

Horario definitivo actividades extraescolares

Aquí tendes o horario definitivo das actividades extraescolares. Poderédelo ver premendo na imaxe.
 
 

Extraescolares

Actividades extraescolares

Premendo eiquí podedes ver o horario das nosas actividades extraescolares.

Inscrición actividades extraescolares

Lembrámosvos a todos os interesados, que o prazo para inscribirse nas actividades extraescolares remata este venres 23 de setembro.
 
 

Xornada portas abertas actividade extraescolar Nenoos

Todos aqueles que queirades coñecer como se vai a desenvolver no noso centro a actividade extraescolar de Nenoos, lembrade que a súa xornada de portas abertas é o mércores 21 de setembro de 16:30 a 17:00 h.

Ademais para coñecer máis información sobre Nenoos podedes visitar a súa páxina web www.nenoos.es e para saber máis sobre cada unha das modalidades podedes premer nos  seguintes enlaces, nos que ademais podedes ver o testimonia da nai dun alumno de Nenoos.

 

Mini Junior Máster Testimonio nai 

 

 

Xornada de portas abertas das actividades extraescolares

Durante o periodo de inscrición (do 16 ao 23 de setembro) nas actividades extraescolares, haberá xornadas de portas abertas nas actividades, para que os alumnos participen e decidan as que lles interesan.
 
As xornadas de portas abertas levaranse a cabo os vindeiros martes, 20 e mércores, 21 de setembro.
 
Os horarios das xornadas de portas abertas estarán expostos nas portas de entrada do colexio e ademais podedes consultalos no enlace que vos deixamos a continuación. Ademais tamén vos deixamos outro enlace a normativa xeral das actividades extraescolares e outro co profesorado que vai impartir as mesmas.
 

Actividades Extraescolares curso 2016 - 2017

Xa tendes a vosa disposición os horarios provisionais das actividades extraescolares que se ofertarán o vindeiro curso 2016 - 2017.
 
Así mesmo podedes consultar a normativa xeral das actividades extraescolares e o profesorado encargado de impartilas. Como novidade confírmase a oferta da actividade extraescolar de Teatro.
 
Seguimos a traballar para melloralas, non perdades detalle, poderá haber máis sorpresas...
 
FELIZ VERÁN A TODOS!!! 

Horario Extraescolares

Exhibición extraescolares

01/06/2016 - 12:30
01/06/2016 - 14:00
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos de actividades extraescolares farán unha exhibición de cada unha delas para que podamos desfrutar vendo como melloraron en todo este ano de traballo.

PARTIDO AMIGABLE DE FÚTBOL SALA

Onte pola mañá, os nosos alumnos/as da actividade extraescolar de fútbol, disputaron un partido amigable contra os futbolistas do Colexio da Merced.

Foi un encontro moi emocionante, cun marcador final de empate 5-5, onde desfrutaron ao máximo e fixeron desfrutar a todos os alí presentes. 

Parabéns a todos!

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

A pasada fin de semana algúns dos nosos alumnos/as de atletismo acudiron a disputar o Campionato Provincial de Campo a través, no circuito A Madalena de Vilalba.

Despois de clasificarse entre os oito mellores clasificados, algúns logrando subir ao podium e conseguindo medalla na clasificatoria da zona sur, o pasado domingo, 14 de febreiro, acudiron a Vilalba, e a pesares do frío e a sarabia, lograron meterse entre os vinte mellores da provincia.

Parabéns a todos/as! 

 

PARTIDO RIBEIRA SACRA CB BREOGÁN

Hoxe, venres 24 de abril, un grupo de alumnos/as do colexio acompañados por profesores e monitores, asistiremos a presenciar o encontro de baloncesto de Play Offs - Fase de ascenso, que disputarán o Ribeira Sacra CB Breogán e o Palencia no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo, a partir das 21:00 horas.

ÁNIMO BREO!!! 

 

VISITA DO CB BREOGÁN

Onte pola mañá recibimos no colexio a visita de dous xogadores do CB Breogán: Álex López e Brandon Edwards.

Durante este tempo que compartimos con eles, os alumnos/as puideron facerlles preguntas, escoitar experiencias dos propios xogadores e finalmente xogaron con eles ao seu deporte favorito: o baloncesto.

Dende o colexio queremos darvos as grazas por adicarnos este tempo e desexarvos o mellor para este emocionante fin de tempada que estades a vivir. 

MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE!!! 

 

 

 

FASE FINAL GALEGA DE JUDO

O pasado sábado, 18 de abril, a judoka Eva Lugueros de 1º de ESO do Colexio da Asunción de Sarria, disputou a Fase Final Galega de Judo en Pontevedra, despois de proclamarse Subcampiona Galega da Fase Norte celebrada en Cambre o pasado 28 de marzo.

O sábado en Pontevedra proclamouse SUBCAMPIONA GALEGA na categoría infantil.

Eva iniciouse no judo tan só hai cinco meses nas actividades extraescolares do Colexio.

Dita actividade realízase no centro en colaboración co Clube Senra de Lugo.
Dende o colexio queremos felicitar tanto a Eva polo seu traballos, coma ao seu adestrador, Álex, por conseguir tanto en tan pouco tempo. 


 

PARABÉNS!!! 
 

FASE FINAL GALEGA DE JUDO

Hoxe, sábado 18 de abril, a nosa judoka Eva Lugueros de 1º da ESO, disputará en Pontevedra a Fase Final Galega de Judo, tras proclamarse Subcampiona Galega da Fase Norte, o pasado 28 de marzo en Cambre.

MOITA SORTE EVA!!! 

CAMPIONATO GALEGO FASE NORTE DE JUDO

A nosa judoka Eva Lugueros de 1º da ESO, proclamouse esta mañá en Cambre SUBCAMPIONA GALEGA da fase norte na categoría infantil.

O vindeiro 18 de abril disputará a Fase final Galega en Pontevedra, e se acadara neste campionato o primeiro posto acudiría ao Campionato de España que se celebrará en Jaca.

MOITO ÁNIMO EVA E MOITA SORTE!!! 

 

 

PARTIDO RIBEIRA SACRA BREOGÁN - FORÇA LLEIDA

Onte pola tarde un grupo de alumnos/as, profesores e monitores, desplazámonos ata Lugo para presenciar o encontro entre o Ribeira Sacra Breogán e o Força Lleida.

Disfrutamos do baloncesto nun partido moi emocionante que rematou coa victoria do Breogán (77-68).

Dende o colexio queremos agradecerlle  ao Ribeira Sacra Breogán que puideramos levar a cabo dita actividade e desexámoslles moita sorte e moitos éxitos máis.


MOITA SORTE E MOITAS GRAZAS POR TODO BREO!!!

 

 


PARTIDO RIBEIRA SACRA CB BREOGÁN

Mañá, sábado 28 de marzo, case un cento de alumnos/as do colexio acompañados por profesores e monitores, asistiremos a presenciar o encontro de baloncesto do Ribeira Sacra CB Breogán e o Força Lleida, que se disputará no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo a partir das 19:15 horas.

 

 

Equipo Asunción

Preséntovos ao noso equipo alevín de fútbol sala e ao seu adestrador David Arias. O equipo está formado por alumnos/as de 3º, 4º e 5º de E.P cargados de moita ilusión. Agardámosvos todos os sábados no polideportivo do Chanto.

ÁNIMO CAMPIÓNS!!!!!!!

 

 

 

Distribuir contido