Escolares

Charla sobre RCP

Hoxe, no noso centro, e grazas a colaboración de SEMES (Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias), o Colexio Oficial de Médicos de Lugo e o Instituto de Enseñanza Secundaria Xograr Afonso Gómez, que nos emprestaron dous maniquís, o doutor Ramón Muñóz López, impartiu unha charla sobre RCP (reanimación cardiopulmonar).

Durante toda a charla o doutor resaltou a importancia da atención temperá, xa que os primeiros minutos ante un caso de parada cardiorespiratoria son de vital importancia. Tamén informou os alumnos nos pasos a seguir ante un suceso deste tipo, como afrontalo e recalcou moitísimo a importancia de pedir axuda aos servizos especializados, tanto o 112, coma o 061.

A charla foi seguida con moitísima atención por todos os grupos de alumnos que asistiron a ela e realizaron as prácticas cos maniquís con grande interese.

Moitísimas gracias a Ramón Muñóz polo seu tempo e as súas explicacións tan claras didácticas, así coma a todas as entidades colaboradoras!!! 

 

 

Día do Bocata Solidario


Hoxe celebramos no colexio o "Día do Bocata Solidario", mirade como desfrutamos compartindo o momento da comida cos nosos compañeiros.

 

-

 

Día da Paz


Onte, luns 30 de xaneiro, celebramos no noso centro o "Día da Paz".


Baixo o lema "Miradas de Paz", todos os alumnos do centro, acompañados dos seus profesores, relixiosas, PAS e algunhas familias, reuníronse para conmemorar este día. Para isto xuntámonos no noso pavillón ataviados cunhas coloridas gafas que resaltaban as pretendidas "Miradas de Paz"


Os alumnos de 4º da ESO prepararon un manifesto en favor da Paz, e despois todos xuntos cantamos a canción "¿Por qué no ser amigos?".


Foi unha celebración moi emotiva onde todos o pasamos moi ben, como podedes ver no seguinte vídeo:


 

Dia da Paz

O luns, día 30 de xaneiro, entre as 11:30 h e as 12:00 h, celebraremos no noso colexio o "Día da Paz", baixo o lema "Miradas de Paz".

As familias ás que vos sexa posible, animádevos a acompañarnos, estades todos convidados!!!

Lembrade que todos os alumnos deberán de traer ese día a equipación deportiva do colexio.

 

Día da Paz

30/01/2017 - 09:00
30/01/2017 - 14:15
Etc/GMT+1

Hoxe celebramos no noso centro o "Día da Paz".

Os nosos alumnos fixeron unhas visitas moi especiais

O pasado mércores 21 de decembro, os alumnos de EP e a ESO fixeron unhas visitas moi especiais con motivo do Nadal.

Os alumnos de 1º e 2º de EP visitaron o Centro de día "Os Maios", os de 3º, 4º, 5º e 6º de EP foron ao Imserso, e os da ESO a Residencia de Maiores. 

Foron unhas visitas moi emotivas onde os residentes de todas elas poideron compartir panxoliñas cos nosos alumnos, que estiveron encantados con esta iniciativa.

Tanto uns coma outros desfrutaron da visita e das palabras agarimosas de traballadores dos distintos centros e dalgúns dos residentes, que ademáis tamén lles adicaron algunha panxoliña e outras cancións.

Grazas por acollernos tan ben!!! 

 

 

Charla Acoso Escolar

O mércores, 7 de decembro, acodiu ao noso centro un membro da Garda Civil de Lugo para impartir unha charla aos alumnos de 5º e 6º de EP e de toda a ESO sobre "Acoso escolar".

Esta charla está englobada dentro do "Plan para a mellora da convivencia escolar".

O Goberno, co acordo dos sindicatos de ensinanza, Organizacións de Centros Educativos e AMPAs, aprobou en marzo de 2006 dito plan, coa finalidade de fomentar hábitos e conductas que promovan a convivencia nos centros educativos e noutros espazos onde se desenvolve a vida dos estudantes.

 

Festival Nadal

O festival do Colexio celebrarémolo o martes 20 de decembro, de 15:30 a 17:00 h.
 
Xa veredes que ben o pasamos, agardámosvos!!! 

ADVENTO

  

A Asunción en negro Contra a Violencia de Xénero

O Colexio da Asunción, neste 25 de novembro, súmase a iniciativa promovida polo CIM (Centro de Información á Muller) e o Concello de Sarria contra a Violencia de Xénero.

Aproveitando ás horas de titoria, os alumnos do noso centro, realizaron diversos carteis onde se podían ver diferentes frases de rexeitamento á violencia de xénero. É unha grande pancarta onde se sumaron a campaña "Sarria en negro".

Podedes ver algúns dos carteis no seguinte vídeo. 

 

Día do peón

Magosto

28/10/2016 - 11:00
28/10/2016 - 15:00
Etc/GMT+1

Hoxe, os alumnos e profesores de EP e ESO, celebraremos o Magosto no parque do Chanto, se o tempo o permite.

Magosto

O venres 28 de outubro os alumnos de EP e ESO, celebraremos o Magosto no parque do Chanto.

Sairemos do centro arredor das 11:00 h e regresaremos ás 15:15 h aproximadamente.

Os alumnos deberán levar o chándal do colexio e tamén a comida, salvo os de comedor, aos que se lles proporcionará un picnic.

 

 

E si vos dades unha volta polos nosos blogues???


Mamás, papás, avós, veciños....non vos esquezades de dar unha volta polos nosos blogues!!!


Atoparedes cousas tan interesantes coma estas.... 

 

 
 
 
 

 

Saída cultural

20/10/2016 - 00:00
20/10/2016 - 16:00
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos de 5º e 6º de E. Primaria realizarán unha visita á “Casa do
Patrón” en Lalín. A hora de saída será ás 9.00h e a de chegada ás 16.00h aproximadamente.

Entrega boletíns de notas

Os boletíns de notas de EP entregaránse o mércores 22 de xuño en horario de 12 a 14 h.

Os boletíns de notas da ESO entregaránse o luns 27 de xuño en horario de 12 a 14 h. 

Viaxe dos alumnos de 5º e 6º EP a Portugal

Os nosos alumnos de 5º e 6º de EP seguen desfrutando un montón das actividades do parque Penaventura. Mirade o ben que o están pasando!!!

  

Premendo na imaxe da disco poderedes acceder a galería onde veredes as novas fotos. 

Viaxe dos alumnos de 5º e 6º EP a Portugal

Hoxe os alumnos de 5º e 6º EP puxeron rumbo a Portugal para desfrutar do parque Penaventura.

Dende o momento que chegaron non pararon de facer actividades, entre elas o descenso en tirolina e unha busca do tesouro moi entretida. Aínda que tamén tiveron tempo para repoñer forzas.

Premendo na última das imaxes poderedes ir vendo nestes días as distintas imaxes que vos deixaremos na nosa galería. 

 

 
 

 

 

Saída fin de curso

Mirade que ben o pasaron os nosos alumnos de 3º e 4º EP na súa viaxe de fin de curso a Gijón!!!

 

  

Viaxe dos alumnos de 3º e 4º EP a Gijón

A primeira visita que fixeron os nosos alumnos nada mais chegar a Gijón foi ao Xardín Botánico...

 

 Despois dirixíronse ao Museo Jurásico...

 

 E por fin......Chegaron aos bungalows!!!

 

Aaaaahhhh, e ademais, antes de ir descansar aínda tuveron tempo de achegarse a Praia da Grega a ver as pegadas que os dinosaurios deixaron nas rochas!!!

 

Se premedes nesta imaxe veredes na nosa galería todas as fotos que vos iremos deixando da viaxe. 

Distribuir contido