Complementarias

Viaxe fin de estudos 4º ESO Martes 9 de Abril (Tarde)


Esta tarde a primeira parada dos nosos alumnos foi na Catedral de Málaga. É un grandioso templo do século XVI, e unha das xoias renacentistas máis valiosas de Andalucía.

 

 

Unha curiosidade sobre este templo é que nel foron rodadas algunhas das escenas da película El puente de San Luis Rey do ano 2004, protagonizada entre outros por Robert de Niro, Kathy Bates ou Harvey Keitel. 

 

 

 

 

 A seguinte visita da tarde serviulles para coñecer un pouco máis ao pintor Pablo Picasso, xa que estiveron na casa museo de Pablo Picasso. Entre as pezas de arte que se poden atopar na casa destaca o caderno de debuxos preparatorios de Picasso para a súa obra As señoritas de Avignon realizados e1907, única presenza deste tipo de bosquexos en coleccións españolas.

Esperamos desfrutaran destas visitas!!! 

Lembrade que podedes seguir esta viaxe día a día no apartado de "Actividades Extraescolares" 

Viaxe fin de estudos 4º ESO Martes 9 de Abril

   Hoxe pola mañá, os alumnos de 4º da ESO, están visitando Selwo Marina en Benalmádena.

   Selwo Marina é un delfinario, coas especies máis representativas de América do Sur. Ofrece nas súas 1,67 hectáreas de extensión unha aventura que traslada a distintos escenarios de Sudamérica.

En Selwo Marina pódense contemplar a escasos metros de distancia delfíns e leóns mariños.

As Aves Exóticas de Selwo Marina están na zona de Amazonía, un recinto para gozar das habilidades dos voos de rechamantes aves. E en “Isla de Hielo”, a instalación está totalmente acristalada para poder observar como son e viven a familia de pingüíns de Selwo Marina, composta polos pingüíns Rey, Juanito, Magallanes e Macaroni.

 A instalación de Baía Cocodrilos recrea un manglar para coñecer de preto diferentes especies de crocodilos ananos tropicais. E moi preto, en Amazonia, viven diferentes especies orixinarias da selva tropical máis importante do Planeta: a piraña Pacu, a raia Motoro, o peixe gato, a anaconda amarela, o basilisco verde...e o Formigueiro de Amazonia, unha instalación para ver como son e viven as formigas Cortadoras de Follas ou Podadoras.

           Esperemos que a ningún deses animais lles entre a fame ao velos pasar, de feito a pitón parece estarse relamendo!!! 

          

Agardamos noticias súas esta tarde!!! 

          

Lembrade que podedes seguir esta viaxe día a día no apartado de "Actividades Extraescolares"

Viaxe fin de estudos 4º ESO Luns 8 de Abril (2ª parte)

Os nosos alumnos de 4º da ESO xa están en Andalucía, desfrutando de temperaturas de 25º ao sol, que envexa!!!

De momento tan só temos un par de fotos máis da súa viaxe ata alí, será porque non teñen tempo a sacalas intentando aproveitar ao máximo esas raioliñas de sol!!!

 


 
 
Podedes ver todas as súas andanzas, dende o primeiro día no apartado "ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES". 

2º día en Saint Gervais

Hoxe luns, para os alumnos que estamos en Francia foi día de estudo.

As nove, comezamos as actividades de lingua francesa cunha proba de nivel: comprensión de textos, test e actividades de expresión escrita.

Pola tarde, tivemos curso e ao rematar saímos co monitor para seguir visitando o pobo e tamén hai tempo para xogos.

Despois de cear, comezamos a preparación dunha pequena obra de teatro.


Seguiremos enviando novas!

Viaxe a Francia de alumnos da ESO Primeiro día

 

Primeiro día dos alumnos da Asunción en Saint Gervais



      Os nove alumnos e a profesora que viaxamos a Saint Gervais queremos contarvos o que facemos.

Hoxe
pola mañá, asistimos á final do “Campionato de Francia de patinaxe artística” que
se celebraba eiquí.


Pola
tarde, tivemos unha visita guiada pola vila, coas explicacións en francés.
Rematamos a xornada cunha “Ginkana fotográfica” polo centro do pobo.


 

Mañá haberá máis!

 

Podedes ir seguindo a viaxe dende o primeiro día no
apartado “Actividades Extraescolares”

 

Viaxe fin de estudos 4º ESO

Os alumnos de 4º da ESO comezaron onte a súa viaxe de fin de estudos a Andalucía.

Saíron de Sarria no tren as 23:30 h, e polo que se ve na primeira foto que nos mandan o tren xa ía en marcha, xa que salen un pouco movidos, a ver si nos mandan algunha outra xa en terra firme!

 

 

Viaxe a Francia de alumnos da ESO

Varios alumnos de 2º e 3º da ESO comezaron hoxe unha viaxe a Francia acompañados pola súa profesora de Francés.

Estade atentos a páxina porque iremos comentándovos as súas andanzas nesta semana!.

Polo de pronto xa nos deixan esta foto da súa espera no aeroporto de Baraxas.

 

 

Visita ao teatro

Hoxe os nenos do primeiro ciclo de primaria foron ao teatro a ver a obra en inglés "Happy ever after". Aquí vos deixamos algunhas das fotos desta entretida xornada.

Saída cultural 3º ciclo.

13/03/2013 - 10:15
13/03/2013 - 19:00
Etc/GMT+1

Os alumnos/as do terceiro ciclo de Primaria visitarán as instalacións de "El Progreso" en Lugo, como aprte das actividades relacionadas coa semana da prensa na escola. Ademáis, irán a comer e a visitar o museo da Capela, nas Fragas do Eume.

FESTA STA. Mª EUGENIA

FESTA SANTA Mª EUGENIA 

Hoxe estamos de festa!!!.
Todos os que formamos a gran familia da Asunción, celebramos con agarimo e ledicia o día da nosa Santa, a inolvidable M.Mª Eugenia, fundadora dos nosos colexios, e presente en todos os nosos corazóns. Para conmemorar día tan especial na nosa escola, realizamos numerosas actividades, entre as que salientamos a Eucaristía conxunta na Igrexa da Parroquia, e o tradicional Maratón solidario baixo o Lema "Contigo sí... Tanzania".
Aquí tedes algunhas fotos, como mostra da xornada inolvidable da que gozamos mestres, nen@s, relixiosas, familias e persoal non docente do centro.
Aproveitamos a ocasión para agradecervos a todos e cada un de vós a vosa colaboración e participación.
 
   
   
                                   
   
 
 
 
 
 

A TORTA DA ASUNCIÓN.

Seguimos a celebrar a festa de santa Mª Eugenia, esta vez invitando a todo o colexio a "Torta de Mª Eugenia", un postre moi especial que non todo o mundo tén oportunidade de probar. Dende aquí queremos dar as grazas ás relixiosas pola súa invitación, e especialmente a Beni, que pasou o traballo máis duro preparando, cortando e cocendo a masa.

 

 

Santa María Eugenia

Esta semana estamos de festa. O venres celebramos o día de Mª Eugenia e xa estamos ultimando os preparativos. Lembrade que estades todos convidados aos distintos actos que terán lugar: eucaristía ás 10 e cuarto e maratón solidario a partir das 12. Mentras tanto, aquí podedes coñecer un pouco máis sobre a historia da Asunción.

 

 

CONCURSO PORTADA AXENDA ASUNCIÓN 2013- 2014

 Como ben sabedes, entre todos os alumn@s de ESO e Bacharelato dos colexios da Asunción, realizamos debuxos para participar no Concurso da portada e contraportada da nosa "Axenda Escolar 2013- 2014".

Aquí tedes os finalistas do noso colexio e os seus traballos. 

 

ENTROIDO 2013

 

O Venres 8 de Febreiro celebramos no noso colexio a festa de Entroido. Aquí vos deixo algunhas fotos desta divertida xornada.

 

CONCURSO "AXENDA ESCOLAR ASUNCIÓN 2013- 2014"

 CONCURSO

"AXENDA ESCOLAR ASUNCIÓN 2013- 2014"

Aquí tedes unha mostra dos debuxos e minirrelatos preseleccionados para o concurso "Axenda Escolar Asunción 2013- 2014".

Preme na imaxe para abrir e ler o minirrelato.
En breve daremos a coñecer os gañadores de cada unha das seccións.

MANOS UNIDAS. "OPERACIÓN BOCATA"

 

Nos vindeiros días comezaremos a campaña de “Mans  Unidas” co lema “Non hai xustiza sen  igualdade”. Como cada ano, o noso colexio desexa solidarizarse cos máis necesitados. O obxectivo é concienciar  a toda a Comunidade Educativa seguindo a Campaña deste curso: denunciar as graves discriminacións que sofren as mulleres en temas como a asistencia sanitaria e a alimentación. Toda a recadación  da nosa solidaridade destinarase aos proxectos que financia a delegación de Mans Unidas de Lugo. Con este motivo,convidámosvos a acompañarnos na participación, non só coa vosa aportación senón tamén, como cada ano na “Operación  Bocata” que celebraremos o luns, 4 de febreiro.
 
Os alumnos e profesores, de xeito voluntario, dende 1º de Primaria ata 4º de ESO, xantaremos un bocadillo nas instalacións do centro. Se algún de vós desexa acercase a participar nesta actividade, estades todos convidados. Os que queirades vir, comunicádeo aos titores.
 
O “Ticket” para o bocata pódese adquirir na secretaría do colexio, rematando o prazo, o mércores 30 pola mañá.
 
Deixemos que o noso corazón se commova un pouco e  tamén o noso peto. Hai moitos máis necesitados ca nós!. Agradecemos de antemán a vosa colaboración e que Deus  vos premie o voso esforzo.

DÍA DA PAZ

30/01/2013 - 00:00
30/01/2013 - 23:00
Etc/GMT+1

Hoxe celebramos o día da Paz. Fixemos distintas actividades como  decorar o colexio con debuxos alusivos ás boas accións, mentres cantamos a canción "Color esperanza".  Aquí tedes as fotos desta xornada.

O día escolar da Paz foi declarado por primeira vez en 1964. É a consecuencia dunha iniciativa independente e voluntaria de educación non violenta e pacificadora do profesor Lloren Vidal. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia e ó repecto aos  dereitos humanos. Neste día os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre as persoas.

Déixovos unhas frases para reflexionar 

"No hay camino para la paz, la paz es el camino". (Mahatma Gandhi )

"La paz exige 4 condiciones esenciales: Verdad, Amor, Justicia y libertad".  (Juan Pablo II)

CONCURSO DE DEBUXO "INFANCIA MISIONERA"

Hoxe recibimos a visita da misioneira Dolores Sáenz Mora, que nos contou a sua experiencia en Mozambique. Esta visita serviu ademais para facer entrega dos diplomas e agasallos aos premiados no concurso de debuxo organizado por Obras Misionales Pontificias co título de "los niños ayudan a los niños". Tivemos dous finalistas, David de 4º de primaria e Noa de 1º de ESO. O debuxo desta última foi seleccionado ademais para participar na fase nacional. Aquí tedes unhas fotos da entrega de premios e da charla de Dolores.

 

 

 

DVD "FESTA NADAL 2012- 2013"

 

 
DVD

"FESTA NADAL 2012- 2013"

DESFRUTANDO DA NEVADA.

 

 

 

Distribuir contido