Últimas novas

Celebración dos 50 anos da Asunción en Sarria

Dende o colexio da Asunción queremos dar as grazas a todos aqueles que fixestes posible que estes días de celebración foran inmellorables.

Ao longo dos vindeiros días irémosvos poñendo fotos para que todos os que non estivestes poidades compartir connosco o ben que o pasamos, e para que os que sí estivestes lembredes con nos eses bos momentos.

Grazas!!! 

 

Comeza un novo día de celebración!!!

Preparados para o camiño???

En marchaaaaa!!! 

 

 

Primeiro día de actos do 50 aniversario

Grazas, grazas e máis grazas a todos os que, de un xeito ou outro, nos acompañastes hoxe no acto de apertura dos actos do 50 aniversario.

Aqui vos deixamos unhas fotos do día de hoxe para animarvos a vir aos que non puidestes hoxe e para animarvos a repetir aos que nos acompañastes hoxe.

Mañá será un día moi intenso, collede forzas!!!

 

 

Tan só quedan...

Programa de actividades 50 aniversario

Aquí vos deixamos o programa de actividades definitivo, cunha novidade a destacar, a Charanga Madialeva, que o venres poñerá o broche de ouro a unha xornada de intensas actividades!!!

Esperemos que desfrutedes moito destes días!!! 

 

Celebración dos 50 anos da Asunción en Sarria

08/10/2015 - 10:00
10/10/2015 - 10:00
Etc/GMT+1

Estamos de celebración!!!

50 anos de presenza en Sarria!!! 

 

 

Mapa do camiño

No seguinte mapa podedes ver a etapa do Camiño que percorreremos xuntos o vindeiro venres día 9 de outubro. Son aproximadamente 15 km, así que...a poñerse en forma!!!

 

Exposición 50 aniversario

Xa estamos a ultimar os preparativos da celebración dos 50 anos da chegada da Asunción a Sarria.

Ademais de todos os actos e actividades nos que podedes participar, contaremos cunha exposición de fotografías, obxectos e traballos escolares que formaron parte das nosas vidas ao longo destes anos, non vos esquezades de visitala!!! 

Reunións de pais de principio de curso

Celebración 50 aniversario

O colexio da Asunción complácese en invitar a todos os alumnos, antigos alumnos e familias, á celebración do "50 Aniversario" da chegada da Asunción a Sarria.

Aquí vos deixamos o programa de actos, non vos esquezades de reservar eses días nas vosas axendas para vir celebrar con nós todos estes anos "navegando xuntos".

Os pais de alumnos recibiredes unha folla de inscrición para a etapa do camiño.

Para os antigos alumnos, poñemos á vosa disposición os seguintes medios para que, os que queirades acompañarnos nesta etapa, facilitedes o voso nome e o número de teléfono, para así poder facer unha previsión dos autobuses necesarios.

Correo electrónico: coleasuncionsarria@gmail.com
Whatsapp: 600578817

Ou tamén podedes achegarvos ao centro e apuntarvos en portería.

O prazo de inscrición remata o 2 de outubro.

Contamos con todos vos!!!

Premede na imaxe para acceder ao programa de actividades.

 

 

Celebración dos 50 anos da Asunción en Sarria

Estade atentos e anotade nas vosas axendas, que os días de celebración dos 50 anos da chegada a Sarria do Colexio da Asunción son o 8, 9 e 10 de outubro!!!

Non perdades de vista a nosa páxina e o noso Facebook xa que en poucos días teredes o programa de actos completos!

 

 

50 aniversario

Este ano celebramos os...

 


E nos vindeiros días iremosvos informando das diversas actividades que realizaremos!
 

Nota informativa

Estimadas familias:

Dados os casos de meninxite vírica (a máis leve), que se están dando na zona, e a posible aparición dalgún caso no centro, máis abaixo deixámosvos un enlace coa información dada pola Consellería de Sanidade na que se explica dita enfermidade e as medidas hixienico-preventivas a levar a cabo.

Proporcionámosvos esta información para tranquilizar e tamén aclarar as dúbidas e as inquedanzas que pode levar consigo a aparición desta enfermidade.

 Un saúdo

O director

Información da Consellería 

O noso novo tatami

Hoxe estamos moi contentos porque estamos de estrea!

Mirade o moito que desfrutamos probando o noso novo tatami da Sala de Dinámica! 

 

 

Festa de Santa Mª Eugenia

Onte, martes 10 de marzo, celebramos no noso colexio a festa da nosa fundadora Santa María Eugenia.

Comezamos este día tan especial cunha Eucaristía, onde toda a Comunidade Educativa puxo o seu pequeno gran de area participando dunha ou outra maneira.

Aquí tendes unhas fotos desta celebración...

 

 

 

Feliz día da muller traballadora!!!


Suspensión de clases

AVISO IMPORTANTE

 

As clases serán suspendidas no día de hoxe, mércores 4 de xaneiro, a partires das 13:00 h. Todos os alumnos que o precisen, porque os seus pais non podan vir recollelos, poderán permanecer no centro escolar no horario habitual, é dicir, ata ás 17:00 h.

As actividades extraescolares tamén serán suspendidas.  

 O servizo de comedor non se suspende. 

Feliz Aninovo

         

Eleccións ao Consello Escolar

Os candidatos electos ao Consello escolar son os seguintes:
 
Representantes de pais:
Marcos Balboa Rodríguez
Mª Carmen López López
Ana María Díaz Rivera 
  
Representantes de profesores:
  Begoña Saavedra Landín
Teresa Quintana Fernández
Representantes de alumnos: 
Andrea Fernández López 

Eucaristía comezo de curso


O pasado 30 de setembro celebramos no colexio a Eucaristía de comezo de curso. Tivo lugar no patio do colexio e toda a Comunidade Educativa participou moi activamente.


Ahí tendes unhas fotos para que vexades o bonita que foi.

 

 

Distribuir contido