Últimas novas

Entrega notas ESO

Os alumnos da ESO recibirán as notas o mércores  25 de xuño ás 12:00 h.

Xornada especial de portas abertas

Co fin de que poidades coñecernos un pouco mellor, o vindeiro sábado 22 de febreiro, a partir das 12:00h.  celebraremos no Colexio da Asunción unha xornada especial de portas abertas.

AGARDÁMOSVOS!!! 

 

 

 

Simulacro de incendio

O pasado día 5 de decembro, realizouse no noso colexio un simulacro de incendio.

O simulacro realizouse de xeito rápido e eficaz, quedando todo o mundo "a salvo" en poucos minutos. Non se rexistrou ningún incidente no mesmo e todos os alumnos e personal do centro desaloxou o mesmo ordenadamente.

Aquí tendes unha foto logo do desaloxo. 

 

 

Plan Proxecta

 
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros.

Dentro do ánimo do centro de participar en diferentes iniciativas educativas, solicitáronse varios programas, dos cales foi concedido o de Clases sen fume, para 1º e 2º da ESO, que se desenvolverá ao longo deste curso escolar.


Con este programa trátase de evitar que os alumnos se inicien no hábito do tabaquismo e axuden a saír del a persoas da súa contorna. 
 

FESTA STA. Mª EUGENIA

FESTA SANTA Mª EUGENIA 

Hoxe estamos de festa!!!.
Todos os que formamos a gran familia da Asunción, celebramos con agarimo e ledicia o día da nosa Santa, a inolvidable M.Mª Eugenia, fundadora dos nosos colexios, e presente en todos os nosos corazóns. Para conmemorar día tan especial na nosa escola, realizamos numerosas actividades, entre as que salientamos a Eucaristía conxunta na Igrexa da Parroquia, e o tradicional Maratón solidario baixo o Lema "Contigo sí... Tanzania".
Aquí tedes algunhas fotos, como mostra da xornada inolvidable da que gozamos mestres, nen@s, relixiosas, familias e persoal non docente do centro.
Aproveitamos a ocasión para agradecervos a todos e cada un de vós a vosa colaboración e participación.
 
   
   
                                   
   
 
 
 
 
 

Os alumnos da ESO foron ao teatro. Chegaron as fotos!

O día un de febreiro, os alumnos de ESO xunto cos seus profesores acudiron a Lugo para asistir á obra de teatro "Tres sombreros de copa" de Miguel Mihura.

 A representación tivo lugar no Auditorio "Gustavo Freire" e a posta en escea levárona a cabo actores da compañía "Recursos"

  A actividade resultou moi positiva e enriquecedora, ao tempo que salientamos o interese e bo comportamento dos alumnos. 

Por fin, tedes as fotos!

 

 

Videoconferencia:"Facendo física de partículas polo mundo"

Os alumnos de 3º e 4º de ESO participamos nunha videoconferencia con outros 100 colexios de toda Galicia onde cinco galegos que son físicos contaron as súas experiencias. 

Entrega de premios IES Gregorio Fernández

 

 

 

 

 

 

Instrucións para o rexistro na páxina web

Premede aquí para consultar as instruccións para o rexistro na páxina web do centro.

Distribuir contido