Grazas por adquirir un novo exemplar de “O Ronsel do
Paroleiro”. Este ano contamos cun equipo de redacción que
fixo posible sacar este número tan pronto. Fútbol, maxia e
música son algúns dos temas que tratamos nesta revista que
só pretende entreter un pouco e recadar cartos para unha
causa benéfica. Desta vez os cartos recadados van para a
asociación naronesa Cometa, que recolle aos animais
abandonados e que teñen un corazonciño que sofre de soidade.
Facemos este número con ilusión porque tres artigos do
número anterior foron seleccionados para formar parte do
número de xaneiro do Xornal Educativo da Consellería de
Educación.
Recordámosvos que é unha revista aberta a tod@s. Pode
participar quen queira coas súas colaboracións. Valen todas
as opinións, só pedimos que sexan respectuosas cos demais e
escritas en galego. O do respecto é fácil imaxinar a razón e
o do galego...porque é a lingua máis nosa, que só falamos
aquí e que debemos estar orgullosos dela coma da Catedral de
Santiago ou das vitorias de Óscar Pereiro no Tour.
E se non che gusta o periodismo escrito, sempre che quedará
a nosa Radio Escolar (aínda á procura dun nome), o grupo de
teatro, o grupo ambiental “Natura”, a web
www.iesdefene.org,
a biblioteca,....
Amig@, hai moito onde aprender... |