O
pasado mércores,
11 de Xaneiro, os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO fomos de excursión
a Santiago onde vimos unha obra de teatro titulada “El misterio de la
cripta embrujada” adaptada para o teatro do libro escrito por Eduardo
Mendoza.
Eduardo
Mendoza é un escritor catalán nacido en Barcelona no ano 1943. Obras de
Mendoza son: “La verdad sobre el caso Savolta” e “La ciudad de los
prodigios”. Outra obra súa, “Sin noticias Gurb”, naceu como folletín por
entregas no periódico “El País” en 1990 e, en 1991 foi editada de forma
completa pola editorial Seix Barral. A súa última novela é “La
aventura del tocador de señoras”, escrita no ano 2001. O seu próximo
proxecto é facer unha biografía sobre o escritor Pío Baroja.
Visitamos
o Museo do Pobo Galego, un museo etnolóxico que recolle numerosos
fragmentos da nosa cultura como traxes tradicionais, artesanía, formas
de pesca…, entre outras cousas.
Tamén
fomos ao Museo de Ciencias na Facultade de Química. Nel había seres
vivos disecados de todas as partes do mundo; tamén había minerais,
metais e pedras preciosas coma o diamante e a amatista.
Achegámonos ata a catedral para contemplar a súa fachada, mentres
escoitabamos algo da súa historia.
Cantamos
na Alameda, dende onde se vía a Berenguela, que é unha torre da catedral
na que hai un reloxo |