-
É moi difícil o oficio de mago?
- É
moi difícil o oficio de estudante?
-
Un pouco.
Pois
o oficio de mago tamén. Convén
ver
traballar, soñar e desexar con forza ser cada vez un mago mellor e eso é
algo que hai que desexalo sempre, todos os días e entón, o que en principio
é difícil, vaise facendo máis fácil.
- Tardas moito tempo en aprender os trucos que nos fas?
- En aprender xogos levo ao redor de trinta anos, ou sexa, que xa levo uns
cantos anos.
- E cando empezaches a facer trucos de maxia?
- Fai trinta anos, cando tiña 14 – 15 anos.
- Cal foi o truco máis difícil?
- O xogo máis difícil que fixen? O xogo máis difícil... posiblemente foi
facer aparecer aos meus fillos, a Iago e a Fidel.
O xogo máis complicado,bueno, hai moitos, pero o xogo do acuario que é un
xogo de escapismo, de Houdini, un xogo complexo, de moita dedicación e de
moito ensaio para non ter accidentes e poder superar con éxito a proba do
escape.
- E algunha vez correu perigo a túa vida?
- Pois si. É o que che estaba dicindo. Neste xogo en concreto estiven, hai
moitos anos, no 90, cando o escape de Houdini, nun acuario, perto de 4
minutos, estiven a piques de morrer. Pero aquel día aínda non me tocaba e
polo tanto aínda estaba previsto que ía vir aquí, ao Instituto.
- Podíasnos ensinar algún truco?
- Se vos podo ensinar algún xogo?
Bueno, en realidade pódovos ensinar todo o que faga falta, é dicir, que é
necesario que en Galicia teñamos unha cultura da maxia e sería bo que
houbera un centro I + DE de investigación e ensino da maxia. Entón, ese é o
meu soño e o soño de moitos magos que estamos aquí, en Galicia e polo tanto,
será fácil que máis adiante, non só vós, senón moita xente poida adeprender
como facemos os magos os xogos para aficionarse a esa maxia.
- Bua! Ensinouche alguén a facer maxia?
- Se me ensinou alguén? Os meus mellores profes foron os libros pero despois
tamén foron os magos que hai nestes momentos traballando polo mundo enteiro,
tamén son os vídeos, tamén os DVD, tamén é internet. É dicir, cando un ten
un desexo de aprender está disposto a aprender pois ao seu redor sempre ten
moitos mestres.
- Moitas grazas.
|