As
primeiras queixas veñen dadas polo estado dos lavabos dos alumnos, xa
que os dos profesores non teñen queixa algunha:
A
maioría dos pasadores das portas dos baños, por non dicir
todos, están postos ao revés, co cal as portas non se poden pechar.
Estaría
ben que houbese papel nos lavabos porque a este paso
arruinarémonos comprando clinex.
Tamén
estaría ben que puxeran papeleiras en cada baño, xa sabedes
porqué,
non fai falla explicárvolo.
Un
pouco de xabón para as mans seria de agradecer. |
|
Un
espello en cada servizo tamén sería de agradecer. Se os profesores o
teñen, por que os alumnos non?
A queixa
máis común entre o alumnado é a seguinte:
Cando
falta un profesor téñenos na
aula recluídos co profesor de garda, nin que fóramos a fuxir se nos
deixan baixar ao patio, e por riba temos que estar en silencio porque
podemos amolar aos alumnos que están noutras aulas.
Por
último, para rematar esta sección, temos a queixa máis importante e que
afecta a todo o colectivo estudantil e de profesores:
Nalgunhas aulas non funciona ben a calefacción, co cal os
presentes
nesas aulas xéanse. Un
exemplo é a aula de tecnoloxía.
|