Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Fútbol sala feminino

FutbolSala Feminino

FutbolSala Feminino

Tódolos anos organízase no IES de Fene un campeonato de futbol sala mixto. A novidade deste ano é que se organiza tamén un campionato de futbol sala feminino.

Desde hai uns anos organízanse no IES de Fene campionatos de fútbol mixto. Pero case sempre participaban rapaces porque as mozas teñen medo da brutalidade dalgúns xogadores. Ademais cando se apuntaba algunha rapaza xogaba cinco minutos e o resto do partido pasábao sentada no banco.

Este ano as rapazas de cuarto de ESO organizan un campionato de fútbol feminino, para que quen queira xogar o poda facer en igualdade de condicións.

No campionato feminino, as regras son as mesmas que no do rapaces. Os partidos xóganse tres contra tres e cada equipo deberá ter como mínimo tres futbolistas, pero mellor catro para que poda haber substitucións.

 


Vémonos no Mundial de China 2007!!!