Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Chuletas

TRUCOS

TRUCOS

 

CHULETAS

Vou escribir da arte de copiar e facer chuletas. Penso que, mellor que chuletas, deberían chamarse “apuntes de apoio”, porque pódeseche esquecer algo e entón están os “apuntes de apoio” para axudar.

 

O máis fácil e cómodo é copiar dun compañeiro. Pero todo depende de como esteas colocado e do profesor. É un método  pouco efectivo porque o profesor pode decat arse rapidamente que algo non marcha ben.

 

O mellor é facer chuletas. Pódense colocar ou escribir en distintos lugares: na man, nos petos, na parede, na mesa,...

 

Cando un fai chuletas, normalmente ponse moi nervioso. É preferible tranquilizarse e comportarse coma sempre, como se non pasara nada. Se as chuletas están escritas na man, hai que procurar non darlle a volta en ningún momento e ser moi coidadosos porque calquera movemento xa nos pode delatar.

Sen dúbida, para min o máis difícil é o momento de sacar a chuleta. Depende moito do profesor, da persoa e de como aguante un os nervios. Hai que aproveitar calquera despiste do profesor e, sobre todo, non sentar

As chuletas na mesa son moi efectivas. Hai xente (digo xente por dicir algo, porque este método só llo vin a unha persoa) que fai debuxos que lles recordan as palabras. O

clásico é escribir o que non se lembra e xa está.

 

Non teño máis que dicir. Cada un ten os seus métodos e fai como pode. Por suposto eu non vou contar os meus trucos...

 

Ah! Un consello. Facede chuletas só cando sexa realmente necesario. A min cacháronme hai tempo e non me quedaron ganas de facer máis.

 

Nota dos profesores do equipo de redacción: publicamos este artigo porque a única condición que poñiamos era que non fosen ofensivos coas persoas. Lamentamos profundamente que, acolléndose a iso, autores como o deste artigo atenten contra a decencia e as boas maneiras. Somos conscientes de que só unha minoría, quizás ningún, dos nosos lectores recorreu a métodos tan detestables como os mencionados anteriormente e pedimos desculpas a todos aqueles que sentiron ferida a súa sensibilidade por un artigo tan cínico.

Kopirait