Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Música Pop

MÚSICA

MÚSICA

MúsicaPop

Neste ano 2005 o panorama musical acrecentouse moito no noso país, dende a aparición de novos cantantes ou grupos musicais ata os novos éxitos dos de sempre.

Os novos grupos musicais que están triunfando no noso país son “El sueño de Morfeo” con cancións como Nunca volverá ou Okupa de tu corazón. Outro grupo é “Taxi”, formado polos ex compoñentes do grupo “Melon Diesel”. Este grupo ten cancións como Jamás me fui ou Oportunidad.

              Referíndome a grupos xa coñecidos por tod@s temos a “El Canto del Loco”, que este ano sorprenderon cun novo álbum titulado Zapatillas. O seu primeiro éxito, coñecido por todos, é o que da nome ó álbum. Con esta canción arrasaron. O seu segundo éxito é Volverá, canción máis calmada que a primeira.

Outro dos grupos que tiveron, e seguen a ter moito éxito, é “Simple Plan”. A canción coa que foron lanzados ó éxito foi Welcome to my life.

              Un grupo que estivo hai uns meses sendo, durante varias semanas, número 1 en tódalas listas de éxitos é Maroon 5. O cantante escribiu tódalas cancións deste álbum, titulado Songs about Jane, pensando na súa ex moza Jane, que o abandonou sen motivo algún. Atopamos cancións como This love ou She will be loved.

              

Referíndome agora a cantantes en solitario, atopamos ós novos éxitos dos xa coñecidos.

 

 Por exemplo, temos a Coti, que este ano sacou un novo álbum. No seu primeiro éxito atópase acompañado por Paulina Rubio e Julieta Venegas. O título desta canción é Nada fue un error. O segundo éxito é Antes que ver el sol. Este novo traballo está gravado completamente en directo.Tamén atopamos a Antonio Orozco, que segue nas listas de éxitos coa canción Lo que tú quieras soy.

             

Melendi é un cantante que xa ten dous traballos no mercado. O segundo leva o nome Que el cielo espere sentado. Ten cancións para tódolos gustos. Caminando por la vida o Con sólo una sonrisa son as dúas cancións máis escoitadas do seu segundo traballo.

 

A cantante Bebe é unha cantante revelación deste ano 2005. Dende o seu primeiro éxito, Malo, pasando por Siempre me quedará.

            

 Un cantante italiano que tivo e ten éxito no noso país é Nek. Este cantante que triunfou hai anos coa canción Laura se fue..., volve con novos éxitos. Dous destes éxitos son Para ti sería  e Al menos ahora.

Pasando agora a cantantes internacionais, Anastacia acaba de sacar un álbum cos seus mellores éxitos e cun par de novas cancións. Entre estas novas canción atópase Pieces of a dream.

             

             

Bon Jovi é outro cantante que acaba de sacar un novo álbum. O seu primeiro éxito é Have a nice day.

James Blunt acaba de saír das listas de éxitos. Foi número 1 durante varias semanas coa canción You´re beautiful. Unha canción fermosísima chea de sentimentos.

              Por último, non podo despedirme sen mencionar a cantante que se atopa triunfando actualmente en tódalas listas de éxito do noso país. Refírome a MADONNA. Esta muller, de 48 anos xa, acaba de estrear novo disco. As cancións deste disco son as do grupo ABBA. O seu primeiro éxito é Hung up, e seguro que non é o último.

 

NOELIA