Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Xogos de rol

OCIO

OCIO

Oxogosderolnasociedadeactual

Existe na sociedade actual a idea errada de que os xogos de rol son perigosos. O autor expón unha visión completamente diferente.

O conflito do rol coa sociedade actual comezou (máis ben dito agravouse)  co asasinato dunha familia a mans dun membro da mesma (o fillo maior) , debido a que este rapaz xogaba a un xogo de rol da Playstation,o FFVIII (FinalFantasyVIII). Pero o que non se deron conta é que o problema non era o videoxogo se non que o rapaz xa tiña algún tipo de problema mental con anterioridade .

 

Despois disto deuse unha autentica caza de bruxas contra os xogos de rol de mesa , alegando que eran perigosos e que trastornaban á xente , e só porque algún dos que xogaban a eles están lixeiramente tocados da cachola e fixesen tolerías e salvaxadas.

Moita xente fala dos xogos de rol , pero realmente ¿que un xogo de rol? Sinxelamente, é un xogo de mesa no cal tes que interpretar a un personaxe nun mundo imaxinario creado por un narrador ou master, que é quen inventa a historia na que van xogar os personaxes. Soa haber coma mínimo catro persoas, un narrador e tres xogadores .

Os xogos que máis gustan ultimamente son o Vampiro. Nel os personaxes teñen que interpretar a uns vampiros nun mundo cheo de corrupción , mentiras e depravación por todas partes. Tamén está o xogo de rol por antonomasia, o “Dragones y mazmorras”, que xa vai na súa terceira edición e segue enganchado igual que sempre.

Para rematar quero dicirvos que os que xogan a rol no están tolos nin nada polo estilo. Simplemente é un xogo de mesa no que se adquiren grandes dotes de improvisación e interpretación recomendable para a todo o mundo

 

Daniel Permuy Montero      2º Bach. B