Un déficit
na educación familiar e a diminución de autoridade dos pais poden ser
causas que expliquen este fenómeno crecente.
Como dixo
D. Olweus no ano 1998, trátase de "que un alumno ou alumna sexa
agredido/a ou que se converta en vítima cando está exposto/a, de forma
repetida e durante un tempo, ás accións negativas dos seus compañeiros”.
Por accións negativas enténdese tanto as cometidas verbalmente ou
mediante contacto físico como as psicolóxicas de exclusión. Polo tanto,
un aspecto esencial do fenómeno e que debe existir un desequilibrio de
forzas.
As burlas
sempre existiron no colexio. Pero a preocupación chega cando todas estas
burlas entre compañeiros traspasan o límite do tolerable. Este fenómeno
é moi recente en España e preocupa aos expertos. Para coñecer máis
sobre este aterrador suceso podemos recorrer ao "INFORME DO DEFENSOR DO
POBO SOBRE A VIOLENCIA ESCOLAR".
Esta
situación debe ser atallada de raíz xa que podemos encontrar casos
realmente preocupantes como a agresión racista a unha nena nun colexio
de Badaxoz ou a un alumno de 12 anos agredido por dous compañeiros no
instituto de Cubelles (Barcelona) e que tivo que ser hospitalizado.
Un dos
máis impactantes que ocorreu en España foi o de Cristina Cuesta de 16
anos. Tirouse dunha ponte o ano pasado xa que sufría acoso escolar por
parte das súas compañeiras no colexio (era insultada e recibía agresión
e ameazas). Estaba sometida a unha tortura psicolóxica tan forte que a
levou a cometer a súa decisión fatal.
O caso de
Jokin foi o que sacou á luz o fenómeno do bullying. Jokin era un rapaz
de Hondarribia que acabou suicidándose despois de sufrir malleiras e
insultos de varios compañeiros
Pero estes
son uns dos poucos que ocorren no noso arredor. se fóramos de colexio en
colexio, de instituto a instituto encontraríamos que hai varios casos de
maltratos escolares en cada un. Insultos dos compañeiros, ameazas,
bromas que exceden a propia palabra, marxinación... Vese día a día
incluso no meu instituto. Debo subliñar que non só é a culpa dos que
van de "matóns". Tamén a teñen o resto de compañeiros que aplauden e rin
cando alguén sufre maltratos deste tipo (e por desgraza son moitos). A
miña pregunta é: é divertido ver sufrir a unha persoa? Esa persoa
termina por encontrarse soa, desprazada e incomprendida pola sociedade
levándoa a perder a súa estabilidade emocional ou a cometer actos
catastróficos para ela mesma ou para a súa xente querida.
Segundo o
meu punto de vista, nesta situación de maltrato escolar hai unha culpa
xeral. O que quero dicir é que teñen a culpa os pais dos rapaces (os
pais deben saber como se comporta e actúa o seu fillo), dos profesores
(un profesor se quere pode ver perfectamente o tratamento entre
compañeiros e axustar un castigo adecuado) e a televisión, xogos
violentos, a procura da popularidade...
Paréceme
moi duro falar deste tema e que a xente non lle dea a menor importancia.
É realmente intolerable e preocupante.
Quero
facer un chamamento ás persoas que lean este artigo para que recapaciten
se merece a pena falar del, ou non.
|