Benquerido
amigo/a:
Diríxome a ti para falarche de algo co que me sinto moi
ilusionada, sen dúbida o mellor que me ocorreu neste curso. Trátase
do grupo de teatro que organizou o instituto no que estou este ano.
Apunteime cuns amigos coa idea de pasalo ben e de coñecer xente.
Se che son sincera, estas dúas metas xa as alcancei.
Polo que querendo superarme cheguei á conclusión de que o que debo
facer agora é aprender a interpretar pero sen esquecer a diversión
que implica.
O noso grupo é, en realidade, bastante pequeno e domina
o número de rapazas, xa que somos unhas sete mentres que só temos
dous rapaces.
Aínda non fixemos ningunha obra teatral, pero confésoche
que xa estamos preparando a primeira. Non che direi cal é, porque
terás que descubrilo por ti mesmo.
Se non che molesta, gustaríame falarche do que facemos
nesas clases que temos os martes polas tardes despois das clases
normais dedicadas aos estudios.
O primeiro día foi a presentación de todos os compoñentes incluída,
por suposto, a profesora. Os seguintes fixemos exercicios de
interpretación.