Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: A lei antitabaco

A lei anti

ACTUALIDADE
ACTUALIDADE

 

APolémicadaleiAntibaco

Coa chegada da nova ley antitabaco melloramos a nosa saúde, pero a cambio temos que renunciar a hábitos moi arraigados na nosa sociedade

Está moi de moda o tema do tabaquismo porque o pasado un de xaneiro entrou en vigor unha lei que prohibía fumar en recintos pechados, bares, escolas, restaurantes, etc... Nos bares, segundo a nova lei, está prohibida a entrada a menores de dezaseis anos que non vaian acompañados dun adulto. Os bares de menos de cen metros cadrados poden elixir entre ser de fumadores ou de non fumadores. Os demais teñen que adaptar un habitáculo para as persoas que queiran fumar. En lugares públicos, como polideportivos, hospitais, centros comerciais, non se pode fumar. Nos lugares de traballo que non sexan ao aire libre tampouco está permitido fumar.

            Os vendedores deste produto, nos estancos, poderán perder beneficios porque os antigos fumadores deixaran de fumar polos inconvenientes que causa a lei.

            A lei impón unha multa de entre trinta e cento cincuenta euros aos fumadores que incumpran as normas.

 

Dende o 1 de Xaneiro, fumadores e non fumadores intentan adaptarse á nova lei antitabaco

   

Lorena González Domínguez                  3ºA  ESO