A Escola Americana de Proval: un Monumento Vivo

Páxina Principal

A escola na Arxentina

A escola en España

A situación en Galicia

A U.H.A.V.M.

O edificio da Escola

Ignacio Ares de Parga

Como eran as Escolas

O gabinete de FQ

Visitantes ilustres

Outras escolas

As Escolas no Franquismo

A Escola actual (I)

A Escola actual (II)

Bibliografía

   

A escola actual: da FP á ESO (I)

 

1980: reconstruíndo Proval

Proval a pouco da reinauguración

Pancarta de agradecemento aos valedores da nova escola

Bailes na festa da inauguración

Salvador Rodríguez Muñoz, o primeiro director na nova etapa de Proval como instituto de FP

 

Un pouco de Historia.

1968. Polas carencias de infraestructuras educativas na comarca Miñorana os alcaldes dos tres concellos: Baiona, Gondomar e Nigrán, solicitan ao Ministerio a concesión dun Instituto de Ensino Medio no edificio das Escolas Americanas Proval, petición que nun primeiro momento é aprobada se ben isto obrigaba a trasladar as dúas unidades de ensino elemental que viñan funcionando no centro. O concello de Nigrán consigue que o convento dos Franciscanos de Vilariño ceda o espacio necesario. Sen embargo as autoridades responsables van dando largas ao proceso, que finalmente resulta frustrado.

1972. Coa nova Lei de Educación xa en marcha, créase o Instituto de BUP en Nigrán, o actual IES "Val Miñor".

1980/81. Créase no noso edificio unha sección delegada do Instituto Politécnico de Vigo, coa FPI das ramas de Administrativo e Electrónica.

1982/3. Proval, tras algúns problemas coa Coordinación (hoxe Inspección Educativa) que inicialmente tiña reservas para conceder a FPII, constitúese como centro independente. O primeiro director foi Salvador Rodríguez Muñoz.

1987/88. Instálanse provisionalmente no noso Instituto unhas unidades do Instituto de BUP, mentres se facían obras de acondicionamento.

Perante a etapa como Instituto de FP, solicitáronse en varias ocasións novas especialidades que atenderan as necesidades do mercado de traballo da zona, xestións que non deron resultado.

A Formación Profesional era unha rama do Ensino Medio que ademais de capacitar ao alumnado para facer estudios superiores (accedían directamente ás Escolas Universitarias relacionadas coa rama que estudiaran), dáballes un título de técnico que lles permitía acceder ao mundo laboral. Había tamén un plan de estudios máis corto (dous anos ) para o alumnado que accedía á FP co título de Bacharelato.

A valoración social da FP era, nos primeiros anos, baixa. Este feito tiña que ver con que dende as escolas de EXB se orientaba aos nenos e nenas que non querían estudiar, que non remataban a EXB ou que carecían de medios para pagarse estudios superiores, cara á FP, de tal forma que esta converteuse na rama "pobre" do ensino medio. Con frecuencia os alumnos e alumnas víanse sorprendidos cando atopaban que tiñan que seguir a estudiar matemáticas, linguas, historia etc.; a súa idea, moitas veces, era vir "a aprender un oficio."

1994. Iniciase a fase de adiantamento da Reforma Educativa, a LOXSE. Aínda que maioritariamente o profesorado rexeitaba algúns aspectos da Lei, solicitouse a integración no plan de aplicación anticipada, que foi concedida. A experiencia previa, tanto nas cuestións da nova metodoloxía como na maioría dos postulados que impulsaba a Reforma, facilitou a adecuación a nova situación.

Hoxe a escola é un IES onde se imparten diferentes niveis educativos: os dous ciclos da ESO, dous Bacharelatos, o Tecnolóxico e o de Ciencias Sociais e Humanidades, Ciclo Medio de Xestión Administrativa, Ciclo Superior de Administración e Finanzas, Ciclo Medio de Productos Electrónicos de Consumo, Ciclo Superior de Desenvolvemento de Productos Electrónicos e, por último, os dous ciclos da ESO en Educación para Adultos.

Ademais do edificio das Escolas Americanas, onde están instalados os talleres dos ciclos de Electrónica, aulas específicas como as de Tecnoloxía, Música e Educación Plástica, o gabinete de Orientación, a Secretaría e outros espacios de servicios, ocupamos un segundo edificio construído en 1983, que está situado na parte alta do terreo, e no que están a maioría das aulas, a biblioteca, os departamentos, os laboratorios de física e ciencias naturais así como as aulas específicas dos ciclos de Administrativo.