Nas escolas Hispano-Americanas os alumnos eran libres. Había unhas normas que os rapaces tiñan que respectar, unha disciplina, pero os alumnos tiñan que ser activos, esto é, podían falar e discutir o que pensaban. Tamén era importante ter confianza no mestre, preguntarlle as dúbidas, así aprendían moito máis.
A ensinanza caracterizábase por ter catro niveis progresivos e non era memorística senón que o alumno tiña que comprender o contido das materias. Era un aprendizaxe práctico, había que pensar e investigar individualmente e en equipo, así aprendíase dun xeito máis entretido, había ansia de saber e o mestre axudaba a elo.
A educación física non consistía en exercicios aeróbicos constantes, os nenos desenvolvían as súas capacidades por medio de xogos. A educación moral consistía en valorar aos seus compañeiros e a si mesmos. O ambiente era bo, debían axudarse mutuamente e evita-las rivalidades. (Araceli Regueiro Pereira e Alba Costas Lorenzo de 3º B de ESO)
As acolledoras aulas dispuñan de amplos ventanais e dun mobiliario elegante e práctico ó mesmo tempo. As cadeiras e as mesas estaban pensadas para facilita-lo seu uso, sempre en harmonía coa decoración. Cabe destacar a presencia dun gabinete de física e historia natural, provisto de material pedagóxico, que viña de París, para actividades didácticas. As instalacións contaban cun piano para impartir clases de música e solfeo. ( Vanesa Fernández Rodríguez de 3º A de ESO)
A hixiene era un dos aspectos dos que se tomou conciencia. Os mestres trataban de inculcarlles ós alumnos a importancia desta, solicitando para elo a colaboración dos pais e de todo o medio que puidera influír na actitude do neno.
A cada neno adxudicóuselle unha cartilla de sanidade na que se lle recomendaban cousas como: " no se debe escupir en el súelo ni servirse de los pañuelos de bolsillo para realizar lo dicho, que conlleva el riesgo de contraer tuberculosis"
Na idea de introducir novos métodos educativos creouse un corpo de exploradores inspirándose nos Boy-Scouts. (Laura Valverde Pazos de 3º A de ESO)
A agricultura empezouse a considerar como unha máis das asignaturas importantes. Gracias a que a escola se encontraba nun ambiente agrario a materia de agricultura reforzou os coñecementos, tanto dos alumnos como dos pais. A agricultura podería ter sido un eficaz método para que a emigración disminuira porque era un medio de mellora e progreso. Os productos cultivados eran distribuídos na cantina. ( Tania Conde González de 3º B de ESO)
As escolas americanas tiñan o propósito de crear unha ensinanza diferente, relacionada co pobo e a comunidade. Para elo, Manuel L. Lemos aportou a idea de crear na escola uns talleres de imprenta. Os beneficios que sacaran serían para axudar aos emigrantes de Bos Aires. Na escola había outros talleres ademais do da imprenta, nos que os alumnos aprendían cousas útiles para a vida cotiá: no taller de zapatería facíanse zocos para os nenos pobres e no de costura facíanse os mandilóns. Tamén había laboratorios nos que facíanse prácticas de meteoroloxía ou de fotografía. (Aroa Vargas Rial de 3º B de ESO)

Proval, vista posterior
Fotografias cedidas por cortesía de A. Bouzó do Instituto de Estudios Miñoranos (IEM) |