A Escola Americana de Proval: un Monumento Vivo

Páxina Principal

A escola na Arxentina

A escola en España

A situación en Galicia

A U.H.A.V.M.

O edificio da Escola

Ignacio Ares de Parga

Como eran as Escolas

O gabinete de FQ

Visitantes ilustres

Outras escolas

As Escolas no Franquismo

A Escola actual (I)

A Escola actual (II)

Bibliografía

Visitantes ilustres na Escola Americana do Val Miñor

 

Gumersindo Busto

Emilia Pardo Bazán

Marcelino T. de Alvear, Presidenta da Arxentina

De visita no pazo de Ángel Urzaiz

Basilio Álvarez, o "cura de Beiro". Caricatura feira por Castelao

Miguel Primo de Rivera no claustro da Escola acompañado por personalidades do Val

O arquitecto Antonio Palacios

A Infanta Isabel de Borbón asinando no libro de honra da Escola. Ao fondo, á dereita, mirando para a cámara, o director, Eladio Ferreiro

Martín Echegaray, xornalista arxentino

 

A Escola Americana fíxose pronto moi coñecida non só en Galicia senón tamén en España e mesmo en Europa e América, de tal xeito que moitas personalidades de diferentes ámbitos visitárona ou interesáronse por ela para coñecer "in situ" as innovacións pedagóxicas que se estaban a por en marcha. Entre elas salientamos:

Gumersindo Busto

(Santiago de Compostela 1872 - Bos Aires 1937)

Galego emigrado a Uruguay onde fixo algúns cursos de Dereito. En Bos Aires sacou o título de escribano público cargo que exerceu ata a súa morte. Ideou e levou a cabo a creación da "Biblioteca América" na Universidade de Compostela, que se inaugurou en 1926.

Foi membro da Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor, entidade que tiña por obxectivos dotar de escolas a Galicia.

Gumersindo Busto visitou as nosas escolas en 1909 (Araceli Regueiro Pereira, 3º B ESO)

Emilia Pardo Bazán

Escritora, nace na Coruña nunha familia de pensamento progresista, viaxa por toda Europa, participa activamente na vida literaria e na cultura española.

Fundou a biblioteca da muller e foi nomeada catedrática de Literaturas Neolatinas da Universidade Central. Xunto con Concepción Arenal participa activamente nos Congresos Pedagóxicos dos anos oitenta do século XIX defendendo o dereito da muller á educación.

Pardo Bazán non visitou o noso centro pero regalou libros para o incremento da súa biblioteca. (Unai Vázquez Santos, 3º B ESO)

Jaimé Solá

(Vigo 1874 - 1940)

Dirixiu a revista "Vida Gallega" dende a súa creación en 1909 ata o fin da súa primeira etapa en 1936. Esta publicación xogou un impotante papel na difusión da obra das Escolas Proval. A súa filla, Julia Solá, foi a primeira Directora da escola de nenas.

Visitou as Escolas Proval en 1909. (Iria Veiga Barros, 3º B ESO)

Marcelo Torcuato de Alvear

(Bos Aires 1868 - 1942)

Foi fundador da Unión Cívica Radical e membro do Parlamento Arxentino entre 1912 e 1917. Embaixador de Arxentina en Francia entre 1917 e 1922, ano no que visitou as nosas escolas. En 1922 foi elixido presidente da Arxentina e gobernou ata 1928; no seu mandato recoñeceuse a Personería Xurídica da Sociedade U.H.A.V.M. . (Gonzalo Martínez Fernández, 3º B ESO)

Ángel Urzaiz Cuesta

(Cádiz 1856 - Madrid 1926)

Diputado liberal por Vigo no Congreso dos Diputados dende as eleccións de 1881. Neste cargo mantívose cerca de corenta anos. Foi Ministro de Facenda con Sagasta, Montero Ríos e Romanones. Defendeu o progreso e a mellora xeral da cidade de Vigo, onde se fixeron importantes obras no porto. En 1908 fundou o xornal "La Voz de Vigo" de caráter liberal.

Persoa moi vencellada ás Escolas, das que foi promotor e benfeitor, participou en diversas actividades académicas chegando a inaugurar algún curso escolar. (Unai Vázquez Santos)

Basilio Álvarez

(Ourense 1977 - Florida, EE. UU., 1943)

Coñecido coma "o cura de Beiro" foi un dos máximos defensores das loitas campesiñas na Galicia de primeiros do século XX, que reivindicaban a abolición dos foros. Líder de "Acción Galega", un dos sindicatos agrarios máis importantes, predicaba a rebelión dos campesiños contra os caciques e contra o réxime de propiedade. Foron famosos os seus mitins, duros e radicais.

Foi un gran difusor da obra das Escolas e no Boletín da Sociedade dedicóuselle un artigo en agradecemento polo seu labor. (Beatriz Vidal Miniño, 3º B ESO)

Miguel Primo de Rivera

(Xerez da Fronteira 1870 - París 1930)

Militar. O 13 de setembro de 1923, sendo Capitán Xeral de Cataluña, deu un golpe de estado e foi nomeado xefe de goberno; a súa dictadura contou co apoio do rei Alfonso XIII. Víuse obrigado a dimitir o 28 de xaneiro de 1930. En 1930 visitou as nosas escolas (Jorge Garcia Pascual, 3º B ESO)

Antonio Palacios

(O Porriño 1876 - Madrid 1945)

Arquitecto moi destacado e cunha ampla obra. Destaca o Palacio de Telecomunicacións de Madrid, o templo da Vera-Cruz no Carballiño e, xa no Val Miñor, o Templo Votivo do Mar, o monumento da Virxe da Rocha e dúas casas particulares en Praia América. Visitou as escolas en 1917. (Gonzalo Martínez Fernández)

 

Outros visitantes:

1913 Eleodoro Suárez, Director da Escola Nacional de Comercio da Arxentina.

1914 Infanta Isabel de España

1916 Martín Echegaray, Director de "La Prensa". Bos Aires

1917 Maestú, Presidente da Cámara de Comercio de Nova Iorque

1928 Marqués de Estella, Presidente do Consello no val da U.H.A.V.M.

Alumnos dos Institutos Golfi´s Grammar Schooll e Enmanuel de Inglaterra

1929 Von J. Ubeloch, entusiasta alemán