A Escola Americana de Proval: un Monumento Vivo

Páxina Principal

A escola na Arxentina

A escola en España

A situación en Galicia

A U.H.A.V.M.

O edificio da Escola

Ignacio Ares de Parga

Como eran as Escolas

O gabinete de FQ

Visitantes ilustres

Outras escolas

As Escolas no Franquismo

A Escola actual (I)

A Escola actual (II)

Bibliografía

 

A arquitectura escolar na España de 1900

Algunhas construccións escolares de Antonio Flórez
 

A preocupación polo edificio escolar aparece en España a fins do século XIX da man da "Institución Libre de Enseñanza" (ILE), época na que a pedagoxía concibíase coma un medio de transformación social. Así, en 1882, Manuel Bartolomé Cossío no artigo "El edificio" onde describe as características que debe ter o edificio da ILE, unha casa de educación proxectada para trescentos estudiantes, xa falaba de aulas rectangulares, paredes lisas, esquinas redondeadas e teitos planos para facilitar a hixiene; portas dunha folla con saída directa ao xardín ou patio por medio de ramplas, que a luz entre pola esquerda do neno, cristaleiras móbiles na parte alta para a ventilación e que a superficie de ventilación estea entre a terceira e cuarta parte da superficie da aula. Todo para cumprir cos máis esixentes preceptos hixienistas.

Antonio Flórez (1877-1941), ex-alumno da ILE e arquitecto, nacido en Vigo, logo dunha fase inicial de ensaios e primeiras definicións sobre o edificio escolar en España, etapa á que corresponde o seu primeiro proxecto, as escolas Froebel de Pontevedra, será o arquitecto da Residencia de Estudiantes en Madrid, onde prevalecen as habitacións soleadas, ventiladas e ben iluminadas diante das molduras ou elementos historicistas ou rexionalistas.

En 1920 Antonio Flórez, é nomeado Xefe da Oficina Técnica de Construccións Escolares do Ministerio de Instrucción . Nun plan de renovación dos edificios escolares de Madrid o Ministerio promove a construcción de seis grupos escolares, entre eles o actual "Colexio Cervantes" que Flórez deseña seguindo o modelo hixienista: galería lonxitudinal dende a que se accede ás aulas, orientadas ao norte, que proporciona a luz máis constante e uniforme, fachadas acristaladas, terrazas solarium para permitir os baños de sol dos alumnos, piscina cuberta, gabinete médico, aulas de música, traballos manuais e debuxo, bibliotecas e cantinas escolares.

A Antonio Flórez débense tamén as "Instruccións Técnico-Hixiénicas para construccións escolares" que redactou un equipo de traballo ao seu cargo, formado por unha serie de arquitectos proxectistas e tantos arquitectos directores de obra coma provincias españolas, que deron lugar a diferentes prototipos de construccións escolares que se aplicaban segundo o lugar, os materiais autóctonos, o clima da zona e que obedecían con claridade ao modelo pedagóxico da ILE.

Información e fotografías: VV. AA. "Antonio Florez, arquitecto". Madrid, Publicaciones de la Residencia de Estudiantes, 2002

G. E. Cervantes (Madrid). Patio de Sta. Engracia

G. E. Cervantes. Patio a Raimundo Fdez. villaverde

G. E. Menéndez Pelayo (Madrid). Patio

G. E. Menéndez Pelayo. Aulario

Escolas Froebel (Pontevedra)

 

G.E. Cervantes. Piscina cuberta

G. E. Cervantes. Baños na terraza

G. E. Cervantes. Aula de traballos manuais

G. E. Jaime Vera. (Madrid)

 
 

Antonio Flórez, o arquitecto da ILE, en 1916