CEIP SOBRADA
Cociña















 

Cociña Procedementos Actividades
Prensa Fundamentación Actividades
Pintura Procedementos Actividades
Súper Obxectivos Procedementos
Animación á lectura Obxectivos Procedementos
Xogos matemáticos Fundamentación Actividades

 

Cada curso, dende o 2001-2002, vimos organizando o taller de cociña.

As actividades que desenvolvemos nel permítennos:

  • Traballar numerosos contidos de todas as áreas do currículo.
  • Atender á diversidade facilitando o traballo de todos e cada un dos nenos e nenas na medida das súas posibilidades, xa que esta actividade ofrece distintos niveis de aprendizaxe.
  • Potenciar a cooperación, a axuda mutua e o traballo en equipo, evitando os conflictos e fomentando a socialización e a colaboración nun ambiente distendido.
  • Educar en valores:
    • Na igualdade e non descriminación por razón de sexo.

    • Para a conservación do medio ambiente a través do reciclado, selección do lixo, selección de ingredientes o máis naturais e ecolóxicos posibles.

    • Para lograr que sexan bos consumidores valorando as comidas artesáns e a calidade dos ingredientes independentemente da súa marca. 

    • Para a saúde:

      • Concienciando ós nenos e nenas da necesidade dunha alimentación sana e equilibrada ( e especialmente dun bo almorzó) para ter unha boa saúde evitando desordes alimentarios (tema do colesterol como consecuencia dun uso abusivo de graxas, a obesidade, a anorexia...)

      • Traballando os hábitos de limpeza e hixiene necesarias na manipulación e consumo dos alimentos e a súa importancia para unha boa saúde (parásitos intestinais, saúde buco-dental...)

      • Educar o gusto aprendendo a comer de todo. 

  • Para o ocio, espertando o gusto e a afección por outras formas creativas de ocupar o tempo libre.

  • Contribuindo á valoración e colaboración nas tarefas domésticas.