|
CEIP SOBRADA |
|
|
UN POUCO DE HISTORIA Este proxecto xurdiu coma unha actividade de E. I. no curso 99 - 00, coa idea de traballar a lóxica matemática, sobre todo, dende un enfoque constructivista. Considerando as súas múltiples posibilidades, os demais ciclos decidimos unirnos ó proxecto, aínda contando con limitacións económicas e sobre todo de espacio. Así, coincidindo co desenvolvemento do transversal propio dese curso "o consumo responsable" puxemos en marcha un taller baseado no súper. Ademais complementouse cos talleres de publicidade e etiquetado que funcionaban nese momento e que posteriormente foron integrados neste taller. A través del introducimos tamén no seu momento "O EURO".
|