|
| |
MONTAXE
-
Empezamos tratando de conseguir nos supermercados
da zona estanterías en desuso que nos poideran servir e adaptámolas o
pequeño espacio do que dispoñíamos no final do corredor do primeiro piso
e mercamos unha máquina rexistradora de segunda man.
-
Para recompilar os envases baleiros que
precisabamos, distribuimos por ciclos as diferentes seccións e a resposta
foi inmediata, avalancha de envases de todo tipo, que en moitos casos viñan
preparados da casa.
-
A continuación, en cada curso e por
equipos, repararon e etiquetaron os seus productos co precio real,
axudándose dos catálogos actuais de mercado.
-
Unha vez etiquetados colocámolos nas
estanterías, poñendo nas baldas o prezo en pesetas e en euros así como
uns carteis indicativos das diferentes seccións.
-
Por último colgamos unha cortina para
darlle identidade ó espacio.
-
Simultáneamente realizamos uns carteis
solicitando colaboración para buscarlle un nome. Entre todas as propostas
presentadas seleccionamos a de "Mercabén".
|