CEIP SOBRADA
Procedementos















 

Cociña Procedementos Actividades
Prensa Fundamentación Actividades
Pintura Procedementos Actividades
Súper Obxectivos Procedementos
Animación á lectura Obxectivos Procedementos
Xogos matemáticos Fundamentación Actividades
 

 NAS DISTINTAS SESIÓNS DO TALLER DE COCIÑA...

  • Interpretamos as receitas dun libro de cociña e realizamos dietas sans e equilibradas a partir da roda dos alimentos.

  • Elaboramos unha receita de cociña: cantidades dos ingredentes, utensilios que precisamos, deseño gráfico da mesma...

  • Facemos un achegamento ás reacción químicas, mesturas, cambios de estado, precipitado dalgunhas sustancias, fermentacións...

  • Realizamos a aproximación das cantidades e das proporcións (doble, triple, fraccións...) por tanteo matemático e de forma experimental; así como medidas de peso e capacidade, plantexamos e resolvemos problemas matemáticos traballando co prezo real dos alimentos...

  • Iniciámonos na investigación por comparación e realizamos sinxelos experimentos de laboratorio.

  • Analizamos e interpretamos as distintas informacións que nos proporciona o etiquetado dos alimentos.

  • Facemos un achegamento a distintos productos alimenticios das receitas a través do cómic, das lendas ou da historia do alimento e/ou da súa evolución ó longo do tempo, e investigamos as propiedades nutritivas e terapéuticas dalgúns dos ingredientes.

  • Seleccionamos e clasificamos o lixo.

  • Elaboramos un dossier recompilatorio para cada alumno/a.

  • Degustamos os pratos elaborados.

  • Realizamos murais reflectindo as diferencias gastronómicas dos diversos pobos.