|
| |
Introducindo ós nenos e nenas no mundo do conto e do xogo intentamos
acadar moitos dos obxectivos que atinxen ó conxunto de todas as áreas de
aprendizaxe e máis concretamente os seguintes :
-
Valorar e estimar a Lingua, facendo uso dela en
todas as situacións comunicativas e respectando as intervencións dos
demais.
-
Valorar a lectura como fonte de pracer, diversión
e aventura.
-
Construir a través do emprego da Lingua a propia
personalidade, desenvolvendo a sensibilidade estética e exercitando a
creatividade.
-
Potenciar a interacción e a capacidade de
cooperación e respecto pola diversidade na elaboración colectiva.
-
Espertar a curiosidade perante os acontecementos,
personaxes , situacións, desenlace...
-
Comprender diferentes tipos de mensaxes
relacionándoas e aplicándoas ós novos procesos de aprendizaxe.
-
Producir textos dun xeito autónomo,
reflexivo, expresivo e creativo.
-
Fomentar a autoesixencia na realización das
propias produccións e valorar a súa estética así como a claridade, orde
e limpeza nas presentacións das mesmas.
As actividades que realizamos neste taller responden a tres ámbitos
fundamentais:
-
Dramatización: A partir de pequenas obras
de teatro buscamos que os nenos e as nenas desenvolvan a súa capacidade de
expresión e improvisación dun xeito lúdico. Consideramos estas actividades
de gran valor para que os nenos e nenas consigan desinhibirse empregando
distintas linguaxes avanzando así na toma de conciencia da súa propia
imaxe.
-
Contos colectivos : Elaboraranse entre todos
os membros do taller contos personalizados, ben a partir dun conto coñecido
como pode ser un conto clásico ou inventando novas historias coa finalidade
de potenciar a imaxinación, a expresividade creativa, a capacidade de
colaboración e o respecto polas ideas alleas nos traballos cooperativos.
-
Lecturas expresivas de contos,poesías, adiviñas...
xogos de imitación e expresión: Pretendemos con este tipo de actividades
mellorar a fluidez, a expresividade e a comprensión lectora dos nenos e
nenas e que descubran nos libros unha fonte inagotable de diversión e
aventura.
|