|
| |
TRABALLAMOS...
-
Coñecementos previos: ¿Que sabemos do xornal? Remuíño de ideas e
debate.
-
Manipulación libre de diferentes xornais. Comentarios abertos sobre os
mesmos. Observación das súas características máis salientables, da
heteroxeneidade temática e a súa organización en seccións.
-
Contraste de distintos xornais galegos e nacionais sinalando as
semellanzas e as diferencias.
-
Análise da portada facendo fincapé na organización dos contidos :
cabeceira; resumes das noticias máis transcendentais ; fotos; breve
sumario.
-
Lectura de noticias, selección e debate das máis interesantes.
-
Selección de noticias de distintas seccións por equipos. Recortalas e
pegalas en murais, clasificadas por seccións. Escribir os nomes das partes
.
-
Análise das características da noticia,
fixando a atención:
-
No contido: Baseado en feitos reais, expostos dun
xeito obxectivo, con escasa opinión persoal do xornalista...
-
Na estructura: Responde as interrogantes : ¿Que?,
¿Quen?, ¿ Onde?, ¿Cando?, ¿Como?, ¿Por que?
-
No tema: Segundo a súa temática vai nunha ou
noutra sección.
-
No formato: Titular, antetítulo e subtítulo ( se
é o caso); tipografía adaptada á relevancia da noticia; fotografías co
seu pé; escritura en columnas.
-
Análise das características do pé de foto : brevidade, claridade
e concisión.
-
Redacción dunha noticia a partir dunha foto.
-
Escritura de noticias a partir do interese suscitado polas que lle
chamaron a atención do xornal. Sintetizalas, adaptalas e traducilas.
-
Redacción e ilustración de feitos acontecidos no Colexio: saídas
culturais, deportivas ou de lecer; exposición, actuacións musicais,
contacontos, conmemoracións e celebracións ( magosto,día da paz, nadal,
entroido, xornadas culturais...) ·
-
Realización de entrevistas ou reportaxes de interese.
-
Elaboración de pasatempos: encrucillados, sopas de letras, xeroglíficos...
-
Lectura e repaso individual e colectivo das noticias elaboradas. ·
-
Dar a forma definitiva á noticia, no procesador de textos, previamente
corrixidos os erros ortográficos, coidando a tipografía, o formato e a
presentación.
-
Deseño e composición da páxina que serve de soporte cunha distribución
harmónica dos diferentes códigos: lingüístico, paralingüístico e
icónico: texto , logotipo, columnas, espacios...de cara a edición para a
Revista Escolar.
|