As actividades realizadas no taller de prensa contribúen a acadar os
obxectivos da área de lingua, xa que a través delas trabállanse os
contidos desta área e en menor medida da área de Coñecemento do Medio;
ademais permítennos:
-
Empregar o xornal como medio de
comunicación e como unha alternativa para ocupar o tempo libre. ·
-
Valorar o xornal como fonte de información que
actualiza os contidos curriculares. ·
-
Empregar a linguaxe escrita como instrumento para
a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera
tipo ·
-
Expresarse por escrito con coherencia, corrección
e creatividade. ·
-
Coñecer e empregar o léxico axeitado as
súas necesidades comunicativas e de aprendizaxe. ·
-
Utilizar técnicas de investigación e de busca de
información no propio medio así como en Internet. ·
-
Potenciar a cooperación e o traballo en equipo,
evitando os conflictos e fomentando a socialización e a colaboración nun
ambiente distendido. ·
-
Consolidar os criterios e opinión propia a
través dunha lectura obxectiva que leva á formación de lectores
reflexivos, críticos, plurais... ·
-
Desenvolver a capacidade de diálogo e de
respecto ás opinións dos demais. ·
-
Promover o xuízo crítico do alumnado, non só
como intérprete dunha mensaxe senón como productor dela. ·
-
Utilizar medios propios da nosa cultura, que
debemos conservar e non esquecer e facer partícipe desta información ós
demais a través do xornal escolar. ·
-
Recoñecer o dereito á liberdade de expresión e
a existencia real dun pluralismo de ideas. ·
-
Favorecer a tolerancia a través da
transacción nun regulamento pactado.