|
| |
Este taller ademais permítenos :
-
Que
os nenos e nenas sexan protagonistas e constructores da súa propia
aprendizaxe.
-
Que
o alumnado aprenda en interacción:
-
Ter
en conta as características, emocións, necesidades e procesos dos nenos e
nenas, partindo dos coñecementos previos e de contextos próximos a eles.
-
Considerar
os ritmos de aprendizaxe de cada alumno/a adaptando as actividades para que
todos poidan traballar en función das súas posibilidades.
-
Establecer
que o papel do profesor/a sexa como guía e mediador que facilita a
construcción de actividades significativas e funcionais.
-
Unha
organización aberta e flexible da aula como espacio de comunicación, nun
clima de aceptación, estímulo e diálogo permanente
que fomente a interacción
e o traballo colectivo, pero tamén a reflexión individual.
-
Ensinar
os contidos de aprendizaxe das matemáticas nun contexto de resolución de
problemas.
-
Potenciar
a verbalización dos procesos seguidos.
-
Atender
ó desenvolvemento de contidos actitudinais:
-
Valoración
da linguaxe matemática e interese pola precisión na súa utilización.
-
Desenvolvemento
da capacidade de atención e de traballo.
-
Responsabilidade
nas iniciativas e tarefas encomendadas.
-
Curiosidade
e interese polo significado dos códigos e pola exploración de
materiais diversos.
-
Coidado
no manexo de materiais e no emprego de instrumentos de cálculo, medida,
debuxo...
-
Confianza
nas propias capacidades, tenacidade e perseverancia na resolución de
problemas.
-
Connsiderar
o erro como estímulo para novas iniciativas.
|