CEIP SOBRADA
Procedementos















 

Cociña Procedementos Actividades
Prensa Fundamentación Actividades
Pintura Procedementos Actividades
Súper Obxectivos Procedementos
Animación á lectura Obxectivos Procedementos
Xogos matemáticos Fundamentación Actividades
 

Así traballamos un conto:

  •  Lectura expresiva por parte da profesora.

  • Confección dun pre - texto, de xeito colectivo e interactivo.

  • Elaboración do texto, por secuencias, en parellas ou individualmente, prestando atención ós seguintes aspectos:

    • Á temática : aventura, fantasía, misterio...
    • Á estructura: organizando o relato en función dun inicio, un nó e un desenlace.
    • Á corrección gramatical.
  • Elaboración dos debuxos tendo en conta a relación imaxe-texto.

  • Pasar a limpo os borradores.

  • Edición da re-escritura dun conto coñecido.

  • Buscar na Biblioteca datos sobre o autor para facer unha breve reseña bibliográfica.

  • Preparar o guión para a representación do conto.

  • Ensaiar.

  • Elaborar o vestiario e complementos.

  • Representar a obra.

A animación á lectura ten continuidade no noso servicio de Biblioteca. Cada curso ten asignado, no seu horario, unha sesión semanal programada, normalmente polo seu titor/a, para realizar actividades de biblioteca. Así:

  • Facemos préstamos semanales de libros para ler na casa que en moitos casos deben vir acompañados dunha ficha bibliográfica sobre o mesmo.

    • Realizamos sesións de animación á lectura:

    • Lectura expresiva por parte dalgún neno/nena ou do profesor/a dalgún libro de interese.

    • Lectura silenciosa dun conto e narración oral do mesmo.

    • Lectura silenciosa dun libro e exposición oral dunha síntese do mesmo. Recitado de poesías, adiviñas...

    • Actuacións de "Contacontos" coñecidos: Paula Carballeira, a Maga Rulana... ou do propio alumnado.

    • Comentarios sobre os libros que lles resultan máis atractivos....

  • Presentamos e coñecemos as novedades bibliográficas que o Centro adquire.

  • Facemos uso do material de investigación do que dispoñemos para complementar actividades do currículo: enciclopedias, libros de consulta...