|
| |
Partimos da elaboración dunhas normas encamiñadas a
acadar un bo funcionamento respectando sempre o traballo dos demais.
Deste xeito decidimos:
-
Co fin de ensuciar o menos posible poñer mandilóns e cubrir as
mesas con plásticos.
-
Situar, nunha mesa de fácil acceso para todos, os botes de pintura
abertos cun pincel dentro para coller a pintura.
-
Colocar o cabalete a nosa altura e nun lugar que non dificulte o paso.
-
Coller un recipiente con auga e un trapo (que nos permitirá limpar o
pincel e secalo para cambiar de cor).
-
Coller un cartón axeitado ó cadro que vaiamos pintar e porlle por
detrás o noso nome e o do grupo.
A continuación:
- Botamos nunha "paleta" as cores que vaiamos
necesitando.
- Pintamos todo o cartón cun fondo (a cor predominante do cadro) e en canto seca facemos un "bosquexo" con tiza
e... ¡Mans á obra!
En posteriores sesións imos completando as composicións elexidas. |