CEIP SOBRADA
Pintura















 

Cociña Procedementos Actividades
Prensa Fundamentación Actividades
Pintura Procedementos Actividades
Súper Obxectivos Procedementos
Animación á lectura Obxectivos Procedementos
Xogos matemáticos Fundamentación Actividades

  

Encamiñamos o traballo deste taller tanto cara á manifestación plástica das vivencias, ideas, sentimentos e percepcións que os nenos e nenas teñen de sí mesmos e do seu entorno, como a toma de contacto con distintos recursos, técnicas e materiais que lles permitan estas expresións potenciando sobre todo a súa creatividade e a expresión da sensibilidade persoal e social.

As actividades programadas, empregando na medida do posible materiais de desfeito e manifestacións artísticas dalgúns pintores do século XX, están deseñadas para traballar cos alumnos e alumnas os contidos, procedementos e estratexias que contribúan a que acaden os seguintes obxectivos:

  • Disfrutar coas manifestacións plásticas e coa realización de produccións artísticas, apreciando a súa contribución á mellora da autoestima, ó goce e ó benestar persoal.

  • Analizar, valorar e interpretar obras artísticas tanto propias como alleas.

  •  Desenvolver a capacidade compositiva da cor e da forma.

  • Coñecer as cores básicas, as súas mesturas e experimentar con elas dunha forma expresiva.

  • Manexar con destreza, coherencia e autonomía lápices, témperas, ceras...

  • Desenvolver e incentivar a capacidade de observación. ·

  • Respetar e valorar o medio ambiente como fonte de inspiración e goce estético así como as posibilidades ecolóxicas de acción nel.