Hoxe os alumnos de 1º e 2º da ESO visitaran ás Fragas do Eume e Betanzos.
O mércores 18 de xuño de 2014, celebrouse a Graduación dos alumnos de 4º de ESO, PROMOCIÓN 2001-2014.
Comezouse cunha Eucaristía na Igrexa do Rosario.
Seguidamente levouse a cabo o acto de Graduación no colexio coa imposición de becas e a entrega de agasallos por parte da ANPA e do centro.
Os alumnos lembraron o seu paso polo centro nuha fotomontaxe realizada polo seu titor.
Antes de pasar a tomar unha merenda, houbo unha divertida sorpresa para os alumnos: A representación da obra teatral "A AULA DE TÓCAME ROQUE", na que participaron nais, pais e irmáns.
Pasámolo xenial! Os actores parecían uns auténticos profesionais e o público pasouno bomba!
Queremos agradecer a todos a súa participación e implicación neste entrañable e inesquecible acto.

A AULA DE TÓCAME ROQUE
Maribel, Marisiña, Mª José, Clara, Mar e Raqueliña co pai desta última;
Sr. Miguel Angel o profesor Folgueiras e Pabliño.





BELÉN GARAÑANA, PREMIADA NO CONCURSO LITERARIO "O NOSO LAR"
A alumna de 1º de ESO, Belén Garañana acaba de recibir un segundo premio no concurso literario infantil-xuvenil da "Fundación O NOSO LAR" de San Román de Lousada.
O tema do concurso xiraba arredor do mundo rural e a alumna recibiu o premio polo seu traballo titulado "Recordos daquel tempo" no que narra unha historia de emigración a Cuba.
Felicitamos a Belén polo seu premio e pola calidade do seu traballo, ao tempo que a animamos a seguir participando neste tipo de actividades.

Sete alumnos de 4º de ESO acompañados do profesor de ciencias viaxaron ata a cidade francesa de Toulouse para participar na fase final do Rally Científico. Agradecer ao Concello, Deputación e Anpa a súa axuda. Desexarlles moita sorte e que desfruten desta experiencia.
Os alumnos de 1º e 2º da ESO tiveron un día de convivencia xunto a tres dos seus profesores no Priorato de Lóuzara.
Desfrutaron moito da xornada e aprenderon cousas novas tanto deles mesmos como do resto dos compañeiros.
Podedes ver como o pasaron premendo aquí.


A sesión deste trimestre foi a película “A
estrana vida de Timothy Green”, unha
historia máxica e inspiradora, coa que os alumnos descobren que ás veces o
inesperado pode brindar algún dos mellores agasallos da vida.
Resultou unha actividade entretida e moi interesante para os alumnos.


Os alumnos de 4º de ESO visitaron os institutos Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez para coñecer as instalacións destes centros educativos de cara a continuación dos seus estudos. Nestes centros recibiron información sobre as características dos estudos de bacharelato e ciclos formativos referentes a materias das diferentes modalidades, selectividade, inserción laboral e tamén características propias deste ciclo.
A alumna de 1º de ESO, Belén Garañana recibiu o 2º premio do "Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo", na categoría de 12 a 14 anos, polo seu relato " O recuncho dos contos perdidos".
Os premios foron entregados na casa consistorial de Lugo e o acto estivo presidido polo alcalde, José López Orozco, a concelleira de Educación, Esther Muñoz e o profesor e membro do xurado, José Manuel Castedo.
Parabéns Belén!
O día vinteoito de novembro, os alumnos de 1º e 2º de ESO realizaron unha viaxe cultural a Ferrol.
A primeira parada que fixemos foi na regasificadora Reganosa, onde en primeiro lugar tiveron unha charla onde lles explicaron o traballo desta planta que almacena e transforma gas natural licuado (GNL).
A continuación fixemos unha visita polos exteriores da planta onde nos foron explicando os diferentes usos dos elementos que a compoñen e os procesos que se seguen neles.

Despois desta visita desprazámonos ao Museo Naval de Ferrol onde tivemos dous guías que nos explicaron o contido das diferentes salas.

E por último, logo do xantar trasladámonos ao centro de Ferrol onde desfrutamos dun paseo polo seu casco histórico.
Hoxe fíxose entrega dos premios do I Concurso de Microrrelatos Escritos "Xirafa Rafa". Este concurso plantexouse na ESO con motivo do "Día das Bibliotecas" do pasado 24 de outubro.
Déronse tres accesits: á portada máis creativa, ao título máis orixinal, ao relato máis inxenioso e un primeiro premio á mellor obra.
Este concurso valora a creatividade literaria e tamén a gráfica.
Desexamos que os nosos alumnos participen nos vindeiros anos con igual interese e orixinalidade.
No blogue de secundaria podedes ver un pequeno video onde aparecen as obras gañadoras.
Os alumnos da ESO tamén están de estrea!!!
Nos vindeiros días poderedes comprobar como o seu blogue se pon en marcha.
Esperamos que vos sexa de grande utilidade!!!
Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizarán no día de hoxe a saída cultural do 1º trimestre.
Visitarán a Misión Biolóxica e o Museo de Pontevedra.
Preme nos enlaces si queres ver máis información.
Os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron o día 23 de setembro a un curso de resucitación cardiopulmonar impartido por unha especialista do 061. Os alumnos tiveron unha parte teórica e outra práctica. Na parte práctica simularon cun maniquí as manobras de soporte vital que se deben facer a unha persoa inconsciente ata a chegada de axuda cualificada.
O luns 16 de setembro de 10 a 12 terá lugar a presentación do novo curso para os alumnos de Educación Secundaria.
FESTA DE GRADUACIÓN DOS ALUMNOS DE 4º DE ESO!
O día dezaoito pola tarde, tivo
lugar no colexio a despedida dos alumnos de 4º de ESO coa asistencia das súas
familias, relixiosas, profesorado e Pas, así como dunha representación da ANPA.
Comezouse a festa cunha
Eucaristía na Igrexa do Rosario, para continuar cun acto académico nas
instalacións do centro.
En primeiro lugar, o director
dirixiuse aos alumnos cunha emotiva alocución, ao tempo que lles desexaba
moitos éxitos na súa nova etapa.
A continuación, dúas alumnas en
representación do grupo amosaron o seu agradecemento polo recibido nestes trece
anos.
De seguido, proxectouse unha
"PowerPoint" recollendo as imaxes máis representativas da súa
escolaridade.
Continuouse coa imposición das "Becas" e
a entrega duns significativos agasallos do centro e da ANPA.
Despois da foto de grupo, pasouse a compartir unha
merenda no comedor escolar.
Moita sorte na vosa nova andaina!












Esta fin de semana, 15 alumnos de 1º de ESO, 8 de 2º da ESO e 2 de 3º da ESO participarán nos "Encontros deportivos Asunción" que se celebrarán no Colexio de Santa Isabel en Madrid.
Aquí podemos ver algunhas fotos da viaxe desta mañá.

Nesta podémolos ver visitando Tordesillas.
E nestas outras xa en Madrid.


O día 8 de maio celebrouse no noso centro, unha mesa coloquio, na que participaron ex-parlamentarios dos partidos PP, PSOE e BNG, e moderada polo xefe de estudos do centro.
Nela os ex-parlamentarios explicáronlles aos alumnos algunhas das súas vivencias no parlamento e, posteriormente, os alumnos tiveron oportunidade de realizar diversas preguntas.
Tanto os ex-parlamentarios coma os alumnos quedaron moi satisfeitos co resultado do coloquio.



