Continuando coas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego, os alumnos de 1º e 2º da ESO poideron ver en directo dende Internet, mediante unha sesión en streaming, o espectáculo de ciencia "Arpexos de ciencia".
Dito espectáculo celebrábase en Tecnópole, o parque Tecnolóxico de Galicia, con motivo de Galiciencia, que é a feira científca que cada ano se celebra en Galicia e este ano chega a súa novena edición.
O espectáculo consistiu nunha serie de experimentos científicos, rápidos e curtos, que explicaban conceptos moi básicos, e outros non tanto, da física. A maior parte deles eran conceptos facilmente identificables polos alumnos xa que se suceden ao seu redor continuamente, a maioría relacionados co son e as ondas en xeral.
Estiveron moi entretidos e interesados e a sesión resultou moi amena e instructiva.
Hoxe os alumnos de 1º e 2º de ESO asistirán a unha sesión en streaming dende Tecnópole para asistir a Galiciencia en directo.
Hoxe os alumnos de 3º e 4º da ESO acodirán a Lugo ao Obradoiro de tecnoloxía "Sensores para todos" convocado por Igaciencia.
Hoxe celebramos no colexio o "día da ciencia en galego " coa videoconferencia "A ciencia da programación en galego "
Sete alumnos de 4º de ESO acompañados do profesor de ciencias viaxaron ata a cidade francesa de Toulouse para participar na fase final do Rally Científico. Agradecer ao Concello, Deputación e Anpa a súa axuda. Desexarlles moita sorte e que desfruten desta experiencia.
Os alumnos de 4° da ESO do noso colexio acaban de gañar a fase final galega do Rally sen fronteiras de ciencias!!!
Agora o que lles agarda é a bela cidade de Toulouse, onde disputarán a superfinal e disfrutarán da Cité des Ciencies!!!
Noraboa, estamos moi orgullosos!!!
Tamén lles dámos a noraboa aos outros dous equipos que participaron con nós, o CPR La Merced de Sarria e o Colexio Montesol de Vigo, xa que é un grande logro chegar a onde se chegou!.
Podedes ver a nova na páxina de Igaciencia.
Hoxe estamos de noraboa!
Un grupo de alumnos de 4º de ESO, formado por Silvia, Ángela, Miriam, Borja, Selena, Javier, Julia e Xesús, pasaron a fase de centro do rally de ciencias sen fronteiras convocado por Igaciencia.
O día 28 de marzo asistirán á final galega e á entrega de premios o día 28 de marzo na Facultade de Química de Santiago.
Agardamos que teñan moita sorte!!!
Ademais debemos agradecer tamén a participación no rally de matemáticas dun grupo de 2º da ESO, formado por Andrés, Noa, Nicolás, Clara, Laura, Diego, Jesús e Sofía, que aínda que este ano non pasaran á fase final xa lles valiu de entrenamento para a do ano que ven.
Noraboa a todos!!!
Estes días puidemos desfrutar no noso centro da exposición "Reservas da Biosfera" que foi solicitada ao CEIDA. Como nos explican no sitio web e nos paneis enviados ao centro esta exposición sobre as Reservas da Biosfera crease polo Grupo de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos" no marco da presentación da candidatura da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Se queredes máis información sobre esta exposición premede aquí.
Os alumnos estiveron a recoller datos dos diferentes paneis para logo poder respostar a algunhas preguntas plantexadas na clase.
Traballaron con interese, como se pode ver nas seguintes imaxes.
Esperamos que vos resultase interesante!



O vernes, 25 de outubro, os alumnos/as de Educación Infantil imos á Granxa- Escola de Barreiros.
¡Chegou a primavera! e os nenos de 3 anos fixemos bolboretas para xogar e adornar a nosa clase.




Que diver! Os nenos/as de EI de 3 anos fixeron un obradoiro de follas das nosas árbores.
Aquí tedes as fotos do obradoiro de reciclaxe de papel. Con el aprendemos algunha cousa máis sobre o coidado da natureza.