Hoxe celébrase o día das bibliotecas.
Se queredes ter máis información visitade o blogue de secundaria!!!
Os alumnos de 5° e 6°foron de excursión o venres 23 de outubro á Ribeira Sacra.
Visitade o seu blogue si queredes ver o ben que o pasaron!!!
Nos vindeiros días iremos colgando fotos do 50 aniversario na nosa galería.
Podédela visitar no seguinte enlace:
Dende o colexio da Asunción queremos dar as grazas a todos aqueles que fixestes posible que estes días de celebración foran inmellorables.
Ao longo dos vindeiros días irémosvos poñendo fotos para que todos os que non estivestes poidades compartir connosco o ben que o pasamos, e para que os que sí estivestes lembredes con nos eses bos momentos.
Grazas!!!
Preparados para o camiño???
En marchaaaaa!!!
Grazas, grazas e máis grazas a todos os que, de un xeito ou outro, nos acompañastes hoxe no acto de apertura dos actos do 50 aniversario.
Aqui vos deixamos unhas fotos do día de hoxe para animarvos a vir aos que non puidestes hoxe e para animarvos a repetir aos que nos acompañastes hoxe.
Mañá será un día moi intenso, collede forzas!!!


Aquí vos deixamos o programa de actividades definitivo, cunha novidade a destacar, a Charanga Madialeva, que o venres poñerá o broche de ouro a unha xornada de intensas actividades!!!
Esperemos que desfrutedes moito destes días!!!
No seguinte mapa podedes ver a etapa do Camiño que percorreremos xuntos o vindeiro venres día 9 de outubro. Son aproximadamente 15 km, así que...a poñerse en forma!!!
Xa estamos a ultimar os preparativos da celebración dos 50 anos da chegada da Asunción a Sarria.
Ademais de todos os actos e actividades nos que podedes participar, contaremos cunha exposición de fotografías, obxectos e traballos escolares que formaron parte das nosas vidas ao longo destes anos, non vos esquezades de visitala!!!
O colexio da Asunción complácese en invitar a todos os alumnos, antigos alumnos e familias, á celebración do "50 Aniversario" da chegada da Asunción a Sarria.
Aquí vos deixamos o programa de actos, non vos esquezades de reservar eses días nas vosas axendas para vir celebrar con nós todos estes anos "navegando xuntos".
Os pais de alumnos recibiredes unha folla de inscrición para a etapa do camiño.
Para os antigos alumnos, poñemos á vosa disposición os seguintes medios para que, os que queirades acompañarnos nesta etapa, facilitedes o voso nome e o número de teléfono, para así poder facer unha previsión dos autobuses necesarios.
Correo electrónico: coleasuncionsarria@gmail.com
Whatsapp: 600578817
Ou tamén podedes achegarvos ao centro e apuntarvos en portería.
O prazo de inscrición remata o 2 de outubro.
Contamos con todos vos!!!
Premede na imaxe para acceder ao programa de actividades.
Estade atentos e anotade nas vosas axendas, que os días de celebración dos 50 anos da chegada a Sarria do Colexio da Asunción son o 8, 9 e 10 de outubro!!!
Non perdades de vista a nosa páxina e o noso Facebook xa que en poucos días teredes o programa de actos completos!
Dende hoxe 2 de setembro ata o 1 de outubro, podedes solicitar as axudas que convoca a Consellería de Educación para a adquisición de material escolar. No seguinte enlace tedes toda a información:
Axudas para adquisición de material escolar
Para aclarar calquera dúbida poñédevos en contacto coa secretaría do centro.
Xa tedes á vosa disposición o listado de libros de texto e material para o vindeiro curso. Premede na imaxe para acceder.
Aquí tedes acceso á información e formularios para a solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2015-2016.
Premendo na imaxe atoparedes os pasos a seguir para a solicitude das axudas.
Celebramos de novo a semana da froita na escola, repartindo cada día unha froita diferente a todos os alumnos do colexio. Aquí podedes atopar unha ficha con información sobre a froita de cada día, ademáis de xogos e actividades para aprender máis sobre hábitos saudables.
LUNS: MAZÁ
Premendo na imaxe accederedes á ficha.
MARTES: LARANXA
Premendo na imaxe accederedes á ficha.
MÉRCORES: PERA
Premendo na imaxe accederedes á ficha
XOVES:
MAZÁ GOLDEN
VENRES:
PELADILLO