O pasado venres 23 de setembro, entregáronse os títulos correspondentes ás probas Trinity e Cambridge celebradas a finais do curso pasado.
Os alumnos de 3º de EP a 1º da ESO, estiveron presentes no acto de entrega para arroupar aos seus compañeiros e felicitalos polo seu bo traballo.
Os resultados foron moi bos en ámbalas dúas probas, polo que queremos dar a noraboa a todos os presentados e en especial a Pablo Navia, que sacou a máxima nota no exame Cambridge.
Noraboa a todos!!!
Premendo na imaxe poderedes ver máis fotos do acto.
Aqui tendes as actividades extraescolares ofertadas para este ano. Premendo nas imaxes poderedes ver os horarios provisionais, os definitivos sairán cando se formen os grupos.
E xa estamos todos!!!...
Así comezamos o curso no noso colexio!!!
A listaxe de libros do fondo solidario, adxudicados aos alumnos da ESO que o solicitaron, xa está exposta na entrada de Secretaría. Os libros serán entregados aos alumnos mañá nas clases.
Lembramos ás familias interesadas nas actividades extraescolares que, coma todos os anos, as actividades darán comezo no mes de outubro e rematarán no mes de maio.
.
O luns día 12 de setembro, de 10:00 a 12:00 h teremos no noso centro a xornada de presentación e benvida ao cole.
Todas aquelas familias que precisen ese día do servizo de comedor deberán anotarse en secretaría. O prazo para anotarse finaliza o mércores 7 de setembro.
Todos aquelas familias de Educación Primaria, dos cursos de 3º a 6º, que teñan asignados libros do banco de libros poderán recollelos na aula do curso que lles corresponda o mércores 7 de 12:00 a 13:30 h.
Para aquelas familias que non podan recoller os libros ese día e nese horario, entregaránselle aos alumnos o día de inicio de curso de Educación Primaria, luns 12 de setembro, na aula.
Todas aquelas familias solicitantes das axudas para adquisición de libros de texto e das axudas para a adquisición de material escolar, que aínda non pasastes a recoller os vales correspondentes pola Secretaría do colexio, lelmbrade que mañá, venres día 29 de xullo é o último día para pasar a recollelos en horario de 9:30 h a 14:00 h.
Aqueles que por calquera circunstancia, non os recollades mañá, deberedes agardar ao 1 de setembro para facelo xa que o centro permanecerá pechado durante todo o mes de agosto.
Informámosvos, a todas as familias solicitantes das axudas para a adquisición de libros de texto e das axudas para a adquisición de material escolar, que a partir do martes 26 de xullo, poderedes pasar pola Secretaría do colexio para recoller os vales correspondentes.
Informámosvos, a todos os interesados, que a lista provisional dos admitidos no fondo solidario de libros para Educación Primaria xa está dispoñible para a súa consulta na Secretaría do centro.
A lista provisional do fondo solidario de libros para Educación Secundaria non será elaborada pola Consellería de Educación ata o mes de setembro. No momento que a publiquen comunicarémolo a través da nosa web.
Todos aqueles que esteades interesados en adquirir os libros de texto ou material do colexio a través de Scholarum, sabede que xa tendes a vosa disposición o listado completo de libros de todolos cursos do colexio, na páxina da librería online.
Recordade que para acceder a ela podedes premer no icono
situado na marxe esquerda desta web ou ben na dirección www.libreriaasuncionsarria.es.
Sexades de praia...
ou de montaña...
Desfrutade do verán!!!
Listado de libros e material para EI e EP
Listado de libros e material para 1º ESO
Listado de libros e material para 2º ESO
Como podedes ver na parte esquerda da nosa páxina web, xa temos a disposición das familias interesadas, un enlace para que podades acceder á librería Scholarum.
Hoxe entregaránse os boletíns de notas aos alumnos da ESO en horario de 12:00 a 14:00 h.
Hoxe, de 12:00 a 14:00 h, entregaránse os boletíns de notas en Educación Primaria.