O día 11 de outubro acudiron ao centro dous membros da asocación Arela para dar unha charla aos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO para informarlles a cerca do Programa Ktorce-18, que trata sobre a Ley Orgánica 5/2000, Ley do menor.
Como en anos anteriores, estamos recollendo tapóns de plástico cunha dobre intención: axudar no coidado do medio ambiente e colaborar con algunha causa solidaria. Así que, xa sabedes, seguide traendo todos os que poidades, e se tedes algunha dúbida sobre os tapóns que serven, consultade no noso blog de Voz Natura, alí tedes máis información.
Alumnos de ESO.
Para entrar ao blogue de galego, premede aquí
Primeiro a cultura en Nájera e logo o lecer.
Mirade que día de praia.
La Rioja convida a volver, merece a pena.
Estamos moi cansos. Andamos uns seis quilómetros pola Sierra Cebollera e pola tarde entramos nas covas de Ortigosa. Que beleza natural! Como para non coidar os bosques.
Unha adiviña. Sodes capaces de saber onde estivemos hoxe se vos digo que é o berce da lingua castelá?
Onte folgazaneamos pero hoxe o duro traballo á cacheira...
Ola a todos. Mirade como nos tratan o primeiro día... Como serán os outros?
Ola a todos. Mirade como nos tratan o primeiro día... Como serán os outros?
Ola a todos.
Chegamos á Rioxa sen novidade. Coñecemos novos amigos.
Mañá será un día duro.
O pasado venres 28 de setembro, os alumnos/as de 5 anos do colexio da Asunción participaron nun curso sobre educación vial organizado pola Fundación Mapfre. Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron.
O venres 28 de setembro, os alumnos/as de 5 anos do colexio da Asunción participarán nun obradoiro de educación vial organizado polo Concello de Sarria a través da Fundación Mapfre. Se premedes na imaxe, atoparedes máis información e xogos para os máis pequenos.
Dende o martes 2 de outubro ata o luns 8 de outubro, os alumnos/as de 6º estarán disfrutando duns días de descanso na Rioxa, nos que aproveitarán para aprender moitas cousas sobre esa comunidade e convivir con compañeiros doutros colexios.
Que vos parecen estas imaxes?
Forman parte do percorrido que imos realizar durante unha semana coas Escolas Viaxeiras os alumnos de 6º EP.
Entre os días 2 e 8 de outubro viaxaremos á Rioxa.
Boa viaxe!