Os alumnos de 4º EP foron onte ao supermercado Eroski a facer unha actividade relacionada coas matemáticas. Premede na seguinte imaxe para ver o que fixeron e como o pasaron.
Onte pola mañá recibimos no colexio a visita de Beatriz Ríos, que impartiu aos alumnos de 3º e 4º de Ed. Primaria unha actividade titulada "O doce mundo do mel en Galicia".
Dita actividade consistiu no visionado de imaxes, a explicación da producción do mel, a exposición dos materiais necesarios e ata un alumno probou un traxe de apicultor.
Finalmente os alumnos/as foron agasallados cun tarriño de mel, o cal puideron degustar no momento.

Hoxe, os alumnos/as de 2º ciclo de EP, realizamos a nosa saída cultural do primeiro trimestre á "Casa do Queixo".
Aprendemos, xogamos, traballamos... e sobre todo, pasámolo xenial!
Mirade, sen perder detalle, todo o que fixemos nesta xornada.
EXCURSIÓN
2º CICLO EP
MANZANEDA
CHEGAMOS A TRIVES!
Os alumn@s de 3º e 4º de EP comezamos a nosa viaxe de fin de curso a Cabeza de Manzaneda, e acabamos de facer a nosa primeira parada en Pobra de Trives. Xa vos seguiremos informando...
Á AUGA PATOS!!!
ESCALADA
Hoxe non puidemos escalar por mor da choiva... pero tivemos a nosa primeira clase por se mañá temos máis sorte co tempo
EQUITACIÓN
Tampouco puidemos montar a cabalo como estaba previsto, pero como podedes ver, foi moi interesante, e ata os cabalos estaban moi atentos.
DISCOTECA
Na nosa primeira disco nocturna... disfrutando coma "ananos"
BOS DÍAS!!!!
TIRO CON ARCO
E a pesares de trasnoitar... mirade que ben apuntamos á diana !!
DE VOLTA...
Partimos cara Sarria de volta, e despedímonos de Manzaneda, sendo esta unha das nosasa mellores experiencias.