3º ciclo de EP

Escola de prensa

Hoxe os alumnos de 6º de E.P recibiron a visita de Ana, redactora do xornal El Progreso, para participar nunha acción formativa dentro do programa "Escola de prensa".

 

 

5º E 6º VAN AO TEATRO

O martes 10 de maio os alumnos de 5º e 6º asistiron á representación teatral "Estamos no verán" na que repasaron os distintos estilos musicais, ademais de acompañar aos actores/cantantes no ritmo e as coreografías.

Concurso

A nosa alumna María Garañana Durán, de 5º de E.P, quedou finalista no concurso de debuxo "Deseña unha xoia para a túa nai". Todo un logro para esta alumna xa que nesta edición, presentáronse ao redor de 8.500 deseños.

PARABÉNS MARÍA !!!

5º EP Celebra o Día do libro

Con motivo da celebración do día do libro, os alumnos de 5º de EP, elaboraron un traballo de investigación sobre Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Este foi o resultado.

 

 

 

DÍA DO LIBRO EN 6º

Os alumnos de 6º celebran a semana do libro facendo uns libros desplegables en clase de plástica. Están expostos no corredor do primeiro piso para que os poidades ver.

Congrats, excellent job!

 

Click to play this Smilebox slideshow

"Visita o teu súper"

Onte, os alumos de 5º de primaria participaron na actividade "Visita o teu súper", organizada polo supermercado Eroski. Foi unha xornada moi divertida onde os alumnos participaron activamente. Como agasallo final foron convidados a un almorzo moi saudable.

Moitas grazas a todos!! 

 

 

TRADESCOLAS

Hoxe, a escola de música tradicional "Tradescola" ofreceu na Casa da cultura un concerto didáctico ao que asistiron os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria xunto con alumnos doutros centros da localidade, e no que puideron aprender  moitas cousas sobre a música tradicional galega, os instrumentos máis típicos, distintos ritmos e melodías, e rematou cunha pequena actuación por parte dos mestres da tradescola coa colaboración dalgúns nenos.

 

 

Excursión 5° e 6° a Ribeira Sacra

Os alumnos de 5° e 6°foron de excursión o venres 23 de outubro á Ribeira Sacra.

Visitade o seu blogue si queredes ver o ben que o pasaron!!!

 

Concurso "O Noso Lar".

David González, de 6º de E.P, obtivo o segundo premio no concurso literario "O Noso Lar".

Parabéns David!

 

 

 

CHARLA CUN XORNALISTA

Ademáis de aproveitar a prensa como unha ferramenta didáctica e traballar con ela na aula, O programa prensa escola no que estamos a participar ofreceunos a oportunidade de aproximarnos ao día a día da actividade xornalística mediante unha charla cun profesional da comunicación como é Xosé Ramón Penoucos, que cubre a información de Sarria na Voz de Galicia. Os alumnos de 5º e 6º recibiron onte a súa visita no colexio e asistiron con moito interese á charla na que fixo un percorrido pola historia do xornal. Na ronda de preguntas, os alumnos tiveron resposta a todas as súas curiosidades e sobre esta profesión, que foron moitas e moi interesantes. Moitas grazas, Xosé Ramón.

 

La Voz de Galicia, viernes 27 de marzo de 2015

 

SAÍDA CULTURAL 5º E 6º.

O pasado venres 16 de xaneiro, os alumnos de 5º e 6º realizaron unha visita á rotativa do diario "El Progreso" onde aprenderon moito sobre a historia do xornal e como se fai cada día. Despois, no Auditorio Gustavo Freire, asistiron á representación teatral en inglés "Spinderella", na que participaron activamente e pasaron un rato moi divertido.

No blogue do 3º ciclo tedes máis información.

 

MATES NO TEU SUPER

Hoxe os alumnos de 5º visitaron o supermercado Eroski para participar na actividade "Mates no teu Super", organizada pola cadea de supermercados para achegar as matemáticas á realidade diaria dos nenos. Tedes toda a información e as fotos no blogue de 3º ciclo. Premede na imaxe para acceder.

 

 

Saída cultural 5° e 6° EP

17/10/2014 - 00:00
17/10/2014 - 19:00
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos de 5° e 6° de EP realizarán a saída cultural do primeiro trimestre.

Visitarán a Casa do Patrón en Lalín.

Bo día para todos!!!

 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE CIENCIAS PHÄNOMENTA.

Hoxe, un grupo de alumnos do 3º ciclo visitou a exposición 'Phänomenta', un proxecto creado polo Centro de Investigación máis
antiguo de Alemania, Phanomenta Flensburg, e a Universidade de
Flensburg. Foi unha experiencia moi interesante e divertida, na que os alumnos puideron ser parte activa dos experimentos e aportar os seus coñecementos. Aquí tedes unhas fotos.

COMEZAMOS COA COMPOSTAXE

Como sabedes, a comunidade educativa da Asunción está a participar no proxecto da Consellaría de educación "recíclate con Sogama" dende o mes de outubro. Levabamos anos concienciados do problema dos residuos e facendo recollida selectiva, pero este curso contamos cunha illa de reciclaxe que nos facilita moito as cousas. Dende xaneiro contamos, ademáis, cun compostador que colocamos ao lado da horta, de maneira que, se todo sae ben, pronto teremos o noso propio abono fabricado a partir dos restos orgánicos do comedor escolar. Os alumnos de 6º, encargados do compost, están aprendendo moito sobre o proceso da compostaxe e, despois de elaborar uns chamativos e útiles carteis para distinguir o que se pode botar e o que non, pediron colaboración nas dúas cociñas que hai no centro: a da comunidade e a do comedor. Nas dúas colocaron recipientes especiais para separar os residuos orgánicos, ademáis de dar un rápido cursiño de formación ás cociñeiras. Todas están escantadas de poder colaborar, e pronto veremos os primeiros resultados. Aquí tedes unha pequena presentación sobre o compostador. Se queredes ver máis actividades de reciclaxe, visitade o blogue do 3º ciclo.

 

TEATRO. TIME TRAVELLER

O xoves 23 de xaneiro, os alumnos do 3º ciclo asistiron á representación de teatro en inglés "time travellers" ofrecida pola fundación Nova Galicia banco, e que tivo lugar no auditorio Gustavo Freire. Foi moi divertida e os alumnos participaron moito. Resultou moi positivo para eles, xa que adquiriron vocabulario e expresións novas e comprobaron que teñen un bó nivel de comprensión oral.

 

 

COÑECEMENTO DO MEDIO 5º. OS VERTEBRADOS

En 5º estamos estudando os animais. Agora tócalle ós vertebrados e os alumnos decidiron traer á clase as súas mascotas para poder analizar a sua forma e características máis de preto. Hoxe Andrea trouxo dous dos seus peixes.

Texto instructivo

Para saber o que pode dar de si un texto instructivo, non hai como realizar un concurso de receitas de cociña.

O primeiro paso que deron os alumnos de 6º de EP foi comprender o tipo de texto. Logo, puxémolo en practica, escribindo receitas variadas.

A continuación, leváronse á práctica, probámolas e votamos para escoller os catro melores postres, feitos polos alumnos.

Este é o resultado

MATEMÁTICAS 5º. REPASO TEMA 8. RECTAS E ÁNGULOS

Aquí tedes algúns exercicios para repasar para o exame

MEDICIÓN DE ÁNGULOS

O TRANSPORTADOR

MATEMÁTICAS 5º. TEMA 7. OPERACIÓNS CON NÚMEROS DECIMAIS.

Aquí tedes exercicios para repasar para o control do venres.

SUMA

MULTIPLICAR UN NÚMERO NATURAL POR UN DECIMAL

RESTA

DIVISIÓN ENTRE A UNIDADE SEGUIDA DE CEROS (OLLO, NESTE EXERCICIO PARA ESCRIBIR A COMA DECIMAL TEDES QUE POÑER O PUNTO(.))

MULTIPLICAR E DIVIDIR POLA UNIDADE SEGUIDA DE CEROS.

Distribuir contido