O pasado venres, 20 de novembro, os alumnos de 1º e 2º de EP, viaxamos ata Neda (Ferrol), para visitar e pasar unha xornada do máis divertido na Granxa- Escola de Belelle. Fixemos pan artesán con produtos ecolóxicos da zona, estivemos no horto e no invernadoiro para preparar uns semilleiros, realizamos un paseo en poni, visitamos os diferentes tipos de animais (llamas, un dromedario, diferentes tipos de
pitas, pavos reais, porcos celtas, cabras montesas, ovellas, burros, coellos,
un touro ... ), visitamos os distintos espazos da granxa (pistas exteriores de equitación, pista de area para saltos, pista interior, cuadras dos cabalos,...). Foi unha experiencia inolvidable !!!! Algunha dúbida?? Pois pinchade no icono e poderedes ver un fermoso vídeo.
Grazas pola vosa dedicación Tania, Begoña e René.
O vindeiro venres, 20 de novembro, os alumnos de 1º e 2º de EP, realizaremos a nosa saída cultural do primeiro trimestre, onde visitaremos a Granxa- Escola de "Belelle", en Neda, Ferrol.
Os nenos de 1º e 2º EP foron onte ao teatro "Gustavo Freire" en Lugo. Da man dos monicreques de Tanxarina Títeres coñeceron a historia dos Narigudos. Unha obra musical para achegar aos máis pequenos a maxia do teatro.
Un dos momentos cos que más gozaron, foi ao remate do teatro, cando se decataron da presenza dos medios informativos da RTVG, que ía a entrevistalos. Como mostra do ben que o pasaron, ademais do moito que aprenderon, aquí vos deixamos o enlace dos Informativos da Televisión de Galiza para aqueles que non o poidestes ver en directo
De seguido, asistiron a "ABANCA" a coñecer as instalacións e realizar un obradoiro.
Para rematar a xornada, xantamos todos xuntos nun parque, para de seguido compartir unha tarde de xogos.
O DÍA 8 DE MARZO é o DIA DA MULLER TRABALLADORA. NORABOA A TODAS AS MULLERES!
O pasado venres 19 de decembro fixemos unha visita o centro de día “Os Maios”. Compartimos panxoliñas, bailes e como non unhas pastas e postais de Nadal feitas polos nenos para desexarlles unhas boas festas. Pasámolo moi ben!!!
Os alumn@s de 1º e 2º EP, con motivo da proximidade do Nadal, visitaremos o Centro de Día "Os Maios", a cantar panxoliñas e facer un pequeno anaco do noso festival.
O vindeiro martes 18 de novembro, ao longo da mañá, os alumnos/as de 1º e 2º de EP visitaremos unha "Exposición de cogomelos" sita na Casa da Cultura da vila.
Hoxe os alumnos/as de 1º e 2º EP visitaremos a Granxa Educativa de Garabullos, sita en Cospeito.
Os alumn@s do 1º ciclo de EP realizaremos unha visita á embotelladora "Fontecelta".
Ao baixar do autobús, cantaronnos unha fermosa cantiga, e todos xuntos cantamos "Contigo sí", a cantiga do lema anual dos colexios da Asunción. Ademais, intercambiamos varios agasallos que tiñamos preparados.
A continuación, fomos a dar un paseo pola pasarela do Río Sil, e detivémosnos nun fermoso parque que está nas inmediacións do colexio, o parque do Temple, para xantar. Alí convidáronnos a varias tortas e postres que prepararan as familias dos alumnos de Ponferrada.
Pola tarde, antes da despedida, fixemos varios xogos e actividades deportivas.
Aquí tedes algunas das fotos como mostra do ben que o pasaron os cativos.
Os alumn@s do 1º ciclo de EP, viaxaremos o vindeiro venres, 24 de maio, a Ponferrada, para participar nunha convivencia cos alumnos do Colexio da Asunción.
O vindeiro mércores, día 13 de marzo, os alumnos de 1º e 2º de Primaria iremos a Lugo a ver a función de teatro en inglés "Happy Ever After", no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Se queredes saber máis sobre a obra, premede aquí.
Os nen@s de 1º e 2º de EP, o pasado xoves 7 de febreiro, realizamos na clase un obradoiro de caretas e maquillaxe, con motivo da chegada do Entroido. Aquí vos deixamos unha pequena mostra como proba do ben que o pasamos.





Os alumnos do 1º ciclo de EP fomos de excursión a Lugo, onde visitamos o Museo Provincial. Realizamos a actividade programada baixo o título "Crea o teu museo". Mirade que ben o pasamos!!!