|
| |
Adoptamos ó longo do curso distintas accións encamiñadas a fomentar a
igualdade entre os sexos:
-
Traballamos os oficios dende as tarefas
domésticas ata os de responsabilidade na sociedade, sen atribuírlle
connotacións de sexo. Realizamos de forma explícita e igualitaria o
estudio do corpo humano e fomentamos o respecto polo proipio e polo dos
demáis incluindo actividades de educación sexual.
-
Intentamos evitar posturas, comentarios e usos da
línguaxe con connotacións sexistas.
-
Aproveitamos os exemplos, comentarios ou
circunstancias que xorden no día a día para introducir contidos
favorecedores da educación na igualdade. Revisamos os materiais didácticos
que utilizamos intentando que nas situacións que amosan non reforcen unha
idea limitada de cada sexo e se o fan reflexionamos sobre ela ofrecendo un
enfoque docente diferente.
-
Aplicamos plans de acción e actividades
propicias para o establecemento dunhas relacións de aula que faciliten a
autoestima e o autoconcepto tanto dos nenos coma das nenas.
-
Estimulamos ós nenos e ás nenas a tomar
decisións sobre a participación nas distintas actividades (de aula,
talleres, actuacións...), xogos e uso de xoguetes cuestionando os
prexuízos e estereotipos sexistas.
-
Incluimos actividades con algún elemento
tecnolóxico, costura, taller de cociña, de plástica e dramatización nos
que participan os nenos e as nenas.Plantexamos así os contidos das
experiencias de forma cercana non só á realidade dos nenos senon tamén á
das nenas.
-
Fomentamos a formación de grupos mixtos
para situacións de actividade compartida.
-
Incitamos ós nenos e ás nenas a compartir
as tarefas da clase tales como a limpeza e coidado do material, facer
recados, reparar xoguetes... Fomentamos os xogos cooperativos.
-
Procuramos que no haxa no patio de recreo nin no
interior do Centro zonas que sexan "territorio" de un ou de outro
sexo.
-
Programamos dentro dos talleres un adicado á
cociña no que participen tanto as nenas coma os nenos.
-
As actividades que realizamos no entroido
(comparsas, MECO, letanías, testamento...) están relacionadas cos oficios
sen discriminación de xénero e evitando os estereotipos.
-
Ó redor do día 8 de marzo programamos o proxecto
a nivel de Centro : "CAMIÑANDO CARA Á IGUALDADE". Neste proxecto
que se plasma nun gran mural á entrada do Centro participan tódolos nenos
e tódalas nenas da escola aportando aspectos traballados nos proxectos de
aula.
- A decoración do espacio no que se ubica o mural corre a cargo dos
alumnos e alumnas de E.Infantil, empregando na mesma diversos
materiais:papel, tela, plástico, rotuladores,ceras...do proxecto "A
diversidade de materiais"
- Rodeamos o mural coas pegadas dixitais de tódolos nenos,nenas,
mestres e mestras do colexio partindo do proxecto traballado no 1º ciclo
de primaria:"¡Somos únicos /as!"
- No mural puxemos tamén datos sobre as conquistas da muller a través do
tempo aportados polos rapaces e rapazas do terceiro e do segundo ciclo a
partir do proxecto "As mulleres podemos ser...e os homes tamén"
- A parte central estaba configurada por datos sobre a situación actual
da muller e con fotografías de homes e mulleres realizando traballos
distintos dos que tradicionalmente se asocian con cada un dos sexos.
- Nun lugar destacado colocamos as gráficas cos resultados obtidos sobre
a situación da muller no ámbito de influencia do centro, estudio
aportado polos alumnos e alumnas do terceiro ciclo despois de traballar o
proxecto "A situación da muller no ámbito de influencia do
Centro"
- Noutro apartado incluímos fotografías sobre as actividades que
realizamos no Centro a prol da igualdade entre os dous sexos:
- De rapaces e rapaces realizando distintas tarefas nas que se
observa a non discriminación: xogos deportivos,pintado de murais,tecendo
e cosendo...
- Dos disfraces dos oficios
- Das ordes e mensaxes da MECA
- Dos nenos e nenas participando no taller de cociña.
- Do belén montado con figuras confeccionadas polas familias con diversos
materiais e que representaban -distintos oficios,persoas con
discapacidades, de distintos pobos...
|