|
| |
Entre outras actividades realizamos as seguintes:
As xornadas do consumo
Os alumnos/as de educación infantil e primeiro ciclo escribiron os alimentos
que tomaron o longo dunha semana. Os do primeiro ciclo ademáis,
engadíronlle os ingredientes de cada comida. Os do segundo ciclo
determinaron as calorias e especificaron os nutrientes de cada alimento. Os
do terceiro ciclo, utilizando estas fichas, fixeron unha representación
gráfica dos datos e analizaron os resultados establecendo unhas conclusións.
- Ciclo de conferencias sobre a elaboración de distintas receitas: a pizza,
o requeixo, o bizcoito de chocolate... a cargo dun grupo de alumnos e alumnas
- Conferencia sobre alimentación e nutrición a cargo do pediatra Ignacio
Porrit e posterior entrevista realizada por un grupo de alumnos e alumnas.
- Proxecto de recuperación de xogos tradicionais,
valorando os xogos colectivos frente ós individuais e máis consumistas.
IV Xornadas Culturais :
Dentro destas xornadas realizáronse diversas actividades relacionadas co
consumo como:
- Demostración de diferentes oficios artesáns: cesteiros, telleiros e
palilleiras.
- Mural como exposición ó público das fotos máis representativas dos
xogos nas IV Xornadas Culturais baixo o lema "xoga, non pelexes"
- Realización da coreografía "come con todos" a cargo do
alumnado de E. Infantil.
- Dramatización sobre o proceso de elaboración do pan "A galiña
Paulina"
Revista escolar"Axexo":
No mes de maio publicouse a cuarta edición da nosa revista escolar e nela
aparecen reflexadas moitas das actividades que se realizaron sobre o tema do
consumo e a saúde.
Talleres:
-
SÚPER
- Etiquetado de productos.
- Elaboración de carteis para as distintas seccións.
- Clasificación de productos segundo a sección á que pertenecen,
utilizando folletos reais de publicidade.
- Invención de receitas calculando o seu prezo según a lista dos
ingredientes.
- Elaboración de billetes imitando ós de curso legal para efectuar
actividades de compra-venta.
- Resolución de problemas en situacións reais propias dun súper.
Etiquetado do prezo dos productos en pesetas e euros.
- Comparación a través dun texto das diferencias entre unha tenda de
comestibles tradicional e un supermercado actual.
-
COCIÑA
- Elaboración dun pequeno libro onde se recollen hábitos hixiénicos
na alimentación.
- Recopilación de receitas tradicionais que se levaron a cabo
(castañas cocidas, filloas, pan de noces ...).
- Elaboración dunha "receita festiva" a base de ovos cocidos,
que teñidos e decorados semellaban unha rá.
-
ETIQUETADO
- Clasificación de etiquetas reais en dous grupos: Alimentarias e
textís.
- Observación e estudio dos distintos apartados das etiquetas
alimentarias: nome, cantidade, modo de emprego, ingredientes e aditivos,
conservación, lote de fabricación e empresa, data de caducidade.
- Buscar os distintos apartados nunha etiqueta real.
- Elaboración creativa de etiquetas para productos inventados por eles
ca condición de que tiveran tódolos elementos informativos que debe
ter unha etiqueta.
- Recoñecemento dos distintos aditivos (edulcorantes, conservantes,
colorantes...), identificación e diferenciación entre perxudiciais
para a saúde e inocuos.
- Análise de etiquetas textiles e de calzado: símbolos das etiquetas
da roupa para o seu coidado, prezo, marcas, rebaixas, tipos de tecidos e
composición (algodón, poliéster...)
-
PUBLICIDADE
- Manipulación de revistas e xornais: Lectura, recortado, análise e
clasificación de anuncios publicitarios ...
- Lectura e dramatización e invención de anuncios.
- Diferenciación da marca, logotipo e eslogan e creación de anuncios
con estos elementos.
- Creación de anuncios de productos imaxinarios e realización de
historietas.
- Realización de carteis para unha campaña publicitaria.
Conmemoracións:
- No Magosto coa intención de dar uniformidade ó grupo na saída ó monte
Aloia para celebralo, se lles propuso ós nenos a realización plástica
dunha castaña-medallón con distintas técnicas e materiais, nas que
deberían escribir un eslogan, rima ou similar defendendo e propician
-
No Nadal coas actividades realizadas pretendemos mostrarlles ós nenos e
nenas a posibilidade de conxugar os materiais que xa temos cunha finalidade
creativa, fomentar unha actitude crítica frente o consumo indiscriminado do
Nadal e reutilizar e aproveitar todos aqueles obxectos que poidan ser axeitados.
- Os nenos e nenas realizaron adornos para a nosa árbore con materiais
de desfeito; paquetiños de regalo con pequenas caixiñas, papel de
regalo e lazo de calquera material; bolas de cartón con aros do cartón
do papel hixiénico, pintados ou forrados; campás con vasos de yogur...
- Construíuse un belén con figuriñas de xoguete dos propios nenos e
nenas.
-
No Día da Paz
- Leváronse a cabo distintas actividades coa finalidade de fomentar nos
nenos e nenas a idea de consumo solidario e responsable e tamén a de
aprender a valorar os bens naturais como a auga, as plantas ... etc, e o
seu aproveitamento, frente a carencia deles.
- Despois de facer un estudio basado no artículo "Tres nenos, tres
mundos" realizáronse debates nas aulas sobre as diferencias que
existen nas distintas partes do mundo en todos os niveis: educación,
alimentación, vivenda, atención sanitaria, traballo ... etc
- A nivel plástico construiron unha pomba-man na que escribiron un
propósito que contribuiría a rematar ou reducir as diferencias no
mundo.
- Posteriormente, nun acto celebrado por todos os alumnos e alumnas do
centro, léronse os desexos máis significativos e penduráronse todos
da árbore...
Saídas:
- Visita a unha panadería da zona para observar e experimentar o proceso de
elaboración do pan.
- Visita a un muíño da zona para observar a transformación tradicional do
gran en fariña.
- Visita ás instalacións da central leiteira Clesa.
- Elaboración de pizzas na pizzería Pizzamóvil.
Outras actividades:
- Proxección e estudio de diapositivas sobre alimentación e consumo.
- Elaboración de rimas, slogans, refráns e receitas do Magosto.
- Construcción plástica da roda dos alimentos con recortes de folletos de
supermercado.
- Libro dos alimentos, "Alimentámonos", atendendo a diferentes
clasificacións: conservación, proceso de elaboración...
- Exposición dos froitos de Outono.(realizada polos nenos e nenas de
infantil coa colaboración do 1º ciclo.
- Semana da froita. Os alumnos e alumnas de infantil durante unha semana
comeron froita no recreo.
- Creación de textos literarios (conto, poesía...) en torno ó tema da
alimentación.
- Realización de traballos relacionados coa recollida selectiva do lixo e
aproveitamento dos recursos: murais, caderniños da Xunta, separación do
lixo nas aulas (pilas, papel, cartón)
- Visionado da película "O dentiño Vicentino" sobre o coidado
dos dentes.
|