-
Formar hábitos
adecuados do comportamento vial e da educación cidadá
-
Actuar con autonomía
nas atividades habituais e nas relacións de grupo, desenvolvendo as
posibilidades de tomar iniciativas.
-
Interpretar, expresar e
representar feitos, conceptos e procesos do medio socionatural mediante
diferentes códigos.
-
Comprender e establecer
relacións entre feitos e fenómenos do contorno natural e social
-
Recoñecer nos
elementos do medio socionatural os cambios e transformacións relacionados
co paso do tempo, indagar algunhas relacións de simultaneidade e sucesión
de ditos cambios.
-
Valorar a repercusión
de determinadas conductas sobre a saúde e a calidade de vida.
-
Colaborar na
planificación e realización
de actividades en grupo e aceptar as normas e regras que democráticamente
se establezan.
-
Participar de forma
constructiva en situacións comunicativas propias da vida escolar,
integrando as normas que posibilitan o intercambio nestas situacións.
-
Comprender mensaxes nas
que se integren os distintos códigos verbal e non verbal, e analizar as súas
características.