Recóllese por separado o papel, plásticos e materia orgánica (restos de comida da merenda). En cada ciclo e no patio creamos puntos limpos. O propio alumnado encárgase de recoller diariamente as bolsas.

Elaboramos carteis para animar ás nosas familias e vecindario, eseñámosvos algúns.

Entregámosllos ao Concelleiro de Ensino e ao de Obras do Excmo. Concello de Cangas para que os pegaran nos depósitos de cada barrio da parroquia. No acto de entrega todos/as a coro cantamos a canción "Aaaa reciclar", premiada en Operación Can (composta pola nosa profe de música, cantada polo alumnado de 1º e 2º, curso 2006/07). Xa saíu publicado o CD, pódese comprar nas tendas de música e no cole.