Unha invitación a contemplar a explosión da vida
Desde o curso 2004 os nosos alumnos experimentan a emoción de ver como xurde a vida en directo.
Como empeza todo?
- Primeiro construimos un gran caixón de madeira coas táboas que protexían os mobles que nos enviou a Consellería.
- Colocámoslle unhas rodas.
- Unha tapa de cristal.
- Unhas lámpadas que fan a función de calefacción.
- Un ventilador reciclado dun ordenador inservible para repartir a calor.
- Un termómetro para controlar a temperatura.
- Un recipiente con auga para manter un grao de humidade que non endureza demasiado a casca.
- Un termostato.
Primeiro traemos os ovos
Cada alumno ou alumna que o desexe pode traer o seu ovo. A única condición é que estea galeado.
O ovoscopio
Para asegurarnos de que o ovo está galeado e ten posibilidades de saír adiante, inventamos un aparello moi útil: o ovoscopio.
Seguro que está galeado?
Se aparece unha mancha escura na parte superior, temos posibilidades de que naza algo.
Anotamos o nome da persoa que o trouxo e o día, para ter unha idea do día en que pode eclosionar.
A dentro!
Despois de comprobar que están galeados, van á incubadora, onde serán volteados para que o embrión non se pegue á casca.
E agora, atentos.
Ovos para todos os gustos
Procuramos traer ovos do maior número de especies posible.
Tempo vencido
Cando chega o momento, comezamos a percibir movementos dentro do ovo. Con moito traballo, o peteiro conseguirá abrir unha fenda na casca.
Ás veces, hai que axudarlle humedecéndoa un pouco para que amoleza.
Por fin!
Extasiado, o pito conseguirá saír do seu cuarto.
A se pór fortes!
Agora a alimentarse ben para recuperar todas as forzas gastadas no nacemento.
Descarga documentación
unidadedidacticaincubadora.doc [186 KB]
actividadesincubacionii.doc [88 KB]







